Hai néboa. Non se vei un burro a tres pasos. Nas gallas dos carballos, penduran uns acios brancos. Os carballos xa non teñen follas.
Estou mollado da cintura pra baixo. Como decía o ti Dario, teño mollado hasta o Don Quixote. Diferencia entre o ti Dario e eu, a él apañouno unha tormenta de sete estalos, e a min solo me molleron as urces empapadas do algodón da néboa.
Busco un lugar no que poda enxugarme a roupa algo. Vexo-o difícil. A néboa segue enganchada, a humidade é grande e non vexo onde agarimarme.
No outro lado do rigueiro, vexo unha espécie de mina. Un furado na terra. Pode ser un bon sitio para secarme a roupa, e quentarme. Inda me quedan unas poucas cerillas con que facer lume.
Cruzar o rigueiro vai ser complicado. Ven de monte a monte, ó derreter a neve nos altos, tódolos regueiros da bisbarra fanse a competencia por ver cual deles leva mais auga. Parece que aquel queria ser o campeón..
Mirei pra arriba, mirei pra abaixo, mais no vi a maneira de cruzar aquel caudal de auga. Daquela as trutas ian remontar hasta as fontes do nascente.
Pensei que na preseira que había mais arriba, ó mellor, podía cruzar. O subir hachei un amieiro que seguramente o aire o arrinquera, e cruzaba aquel caudal de auga. Aquelo era unha verdadeira ponte. Podia pasar por ela.
Cheguei a porta da mina. Cheiraba a fume. O cheiro viña do fondo do lombeiro. Cheiraba a romeiro, e tamén a xixa asada. Non sabía que recendo era o mais forte.
Vexo no fondo do minoco unha entrada a man esquerda, algo mais pequena e estreita.
Parece que foi feita pra xente delgada e pequena. Decidome a entrar pola mesma porta estreita, mais o acercarme vexo que está atorada por unha figura vestida con algo que se semella a unha saba de liño. Nin branca nin amarela, senon un intermedio. Blanco-ama-
relante.Aquelo daba a entender que o dono da vestimenta, ia demasiado tepo que se acobillaba debaixa da mesma.
Eu coñezo esta cara, penso, e de pronto decátome de que era así. Era un home que xa levaba uns trinta anos enterrado.
Non pode ser, estou alucinando, non pode ser. Vin eu mesmo como o enterraban. Ia nunha caixa de táboas de chopo, como todos os que eran enterrados na bisbarra. Os cadaleitos estaban feitos de tal xeito que pola banda onde descansaba o corpo, era de táboas separadas por tres ou catro centímetros. O parecer era para que o corpo se consumira antes. O cemitério era moi pequeno, e cabía a posibilidade de que houbera que enterrar a outro demsiado pronto.
Era o espiritu do val e do regueiro. Estivera encarnado. Non pudo cumplir o cometido polo que a natureza o deixera encarnar. Tentera facer que o xénero humano se convencera de que algún dia tiña que morrer. Non le fixeron caso ningún.
Miroume fixamente. Xa esvaecendose escoitele decir: ¡Pensa! ¡Pensa cando vaias os colexios electorais! ¿Para que te sirve?.¡ Mentras haxa quen te diga o que tés que facer e non penses por ti mesmo, e os teus conxéneres igual, nunca acadareis a verdadeira leberdade nin una vida plena e igual e equitativa!
Esvaeceu de todo. Eu estou na touza, na beira do regueiro. É o único real que permanece.
A néboa tamén teima na permanencia.Espero que o sair dos prados da beira, e subir ó lombeiro, vexa o sol e sequen as calzas.