miércoles, 21 de septiembre de 2011

TABEIRONS CON NOME DE LUMBRIGANTES


Hoxe,lendo nun estupendo libro sobre Prisciliano,(Chao Rego) e os principios da Iglesia Católica na Gallaecia romana, un chisco mais grande que a Galicia actual, atopei un dito mariñeiro que xa le oira nunha ocasión a un amigo mariñeiro de toda a vida. Nin mais nin menos arredor de cincuenta anos no mar, e vivindo do esforzo no mesmo. Algún día falarei aiquí de Pepe Pena, coñecido en Moaña como o “Caringa”.
 A lenda é a seguinte:
 Hay un peixe no mar, o congrio, que parece que é algo perguiceiro. Ë amigo de meterse nos ócos dos rochedos submarinos, e sair pouco deles.
 Hay otra criatura marina tamén, o lumbrigante, que aparentemente é moi amigo do  congrio, pous cando éste está metido no oco, vai aquel e forneceo de comida abondosa, que fai que o congrio non saia do burato, e como consecuencia de comer, non sair a nadar e da boa vida que le dá o bogavante traendole comida, chega un momento no que o panaguado e subvencionado congrio engorda.
 Aiqui ven o problema, o congrio engorda tanto, que chega un momento no que non pode moverse nin sair do tobo. Chegado este momento, o espabilado do bogavante decide que é hora de cobrar os servicios prestados, pous aquelo de levarle comida, non era no seu fuero interno, facelo gratis.
 Entonces aporveitandose da inmovilidade forzada do congrio, o lumbrigante aproveita para irse comendo puco a pouco a súa vitima.
 Veise que o lubrigante é bastante “cabrón”, pous come nel sen matalo e de xeito que le aguante un certo tempo.
 E decir que o artrópodo, recupera o capital invertido, os intereses, e tamén quedase co esquelete do seu pretendido amigo.
 Nestas alturas, nas que a economia mundial anda manga por hombro, aparte da finiquitación  dunha época con cambio de sistema productivo obligado sí ou sí, eu teño a sensación de que nos, os curritos, somos unha espécie de congrios que hasta fai pouco fumos engañados nos nosos tobos por astutos bogavantes, e que agora, estanse a cobrar, a comida que non nos deron, mais tamén queren a tixola, o lume e os tizóns do mesmo. O esquelete coido que o queren para estercar novas xeracións, que se non espabilan, e nos non le axudamos a espabilar, nun tempo non demasiado lonxano, tamén chegarán a ser alimentados e logo comidos por grandes lubrigantes noxentos
 Hai que tamén les chama "tabeirons"..

2 comentarios:

  1. Yo también lo pienso, Xabres.
    Aunque quizás llegue el momento en el que el congrio, comido a medias pero todavía vivo, pueda salir del agujero e ir a pedirle cuentas al bogavante. Ya se verá.
    Abrazos

    ResponderEliminar
  2. Con relación al segundo punto, tengo mis dudas. El congrio está amodorrado, ¿quien lo desamodorrará?.
    Este puede ser el narcótico,y a lo peor esto es lo que el congrio persigue.Veremos como acaba todo.
    Mi convicción es: HAY CAMBIO DE TERCIO(Por decirlo en términos taurinos)CUYO CAMBIO ARRASTRA UN CAMBIO DE SISTEMA. ESTO ÚLTIMO LLEVA CONSIGO UN TIEMPO DE ADAPTACIÓN. CUANTO MENOS TIEMPO TARDEMOS EN ENTERARNOS, MEJOR NOS IRÁ.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar