sábado, 24 de septiembre de 2011

¿PORQUÉ NON SE PODE FACER O MESMO NO PAIS PRÓPIO?



 Seu pai chegara a este país, fuxindo da fame do seu. Tiña poucos anos, pouca esperencia e estaba namorado da súa muller. Caseran, mais o pan e cebola non abondaba. Nacera un pequeno, espílido como él solo, mais, segundo o pai e a nai, aquel raparigo, debía ter un mellor modo de vida.
 Decidiron, nai e pai, emigrar.Escolleron España porque se decía que estaba a crecer, había democrácia, e oportunidades para todos.Eso era o que traslucia. A realidade era outra, mais tamén estas verbas van noutro senso.
 O chegar a España, a cousa non foi como eles pensaban. Non se ataban os cans con chourizas. Co tempo o panorama ennegreceu, habia que sair adiante. O emigrante, antes de verse obligado a retornar á súa orixe, acordou que antes  era un bo  acordeonista.
 Obliguerono a deixar a paleta, punteiro e cincel, e desempolvou aquel acordeón que sendo novo merquera en Itália. ¡Eran tempos mellores!
 Eu vinos unha vez. na rúa Sanjurjo Badía de Vigo, un sábado, estaba a tocar diante dun despacho de pan.
 Senteime nun banco de rua a escoitalo. Tocaba ben, tiña axilidade nos dedos, só un pequeno defecto, a música que tocaba era da chamada clásica. Catro ou cinco adaxios, acabados sempre cun vals de Strauss.
 Todolos sábados , eu, adoitaba sentarme no mesmo banco a contemplar e escoitar. Era boa música e non me custaba mais de un euro ou menos se non tiña cambiado.
 Un sábado cheguei tarde. Xa escomenzaban a pechar os comercios, polo que a xente cada vez era menos.
 Acercouse unha muller nova, que levaba da man un neno de non mais de seis anos. Habia moito cariño nos tres. O saquiño do músico tiña uns poucos euros. Seguro que na fin de semana, terian comida quente.
 O pai deixou de tocar, o rapaz, mentres os dous proxenitores falaban, dedicabase a bulir no teclado do acordeón. Pediulle o pai que o axudera.
 O pai, escomenzou a abrir e cerrar, aparentemente, o fuelle daquel instrumento, e o neno, cos seus pequenos dedos, escomenzou a premer nas teclas blancas e negras.
 Aquelo escomenzou a soar de tal xeito que a xente que pasaba quedaba abraiada, polo ben que aquelo soaba.
 Pai e nai, mirabanse orgullosos. Aquel que tocaba era o seu neno. Eles fixeran todo o posible para darle unha vida como a dos demais nenos.
 ¡Xusto hasta que chegou unha patrulla da policia, e fixeronos liscar dalí.
 O neno choraba, non sabia porqué se tiñan que ir. Empezaba a estar agusto, deleitando a aquela xente coas notas que seu pai le ensinera e agora le axudaba a emitir.
 Tarderon varios meses en volver ao seu lugar de concertos. Estaba o pai e a nai, o rapaz non aparecia por alí.
 A volta de un tempo preguntei por él. Foi a nai a que me contestou: Estaba nun colexio, subvencionado por unha fundación estranxeira. Pagábanle os estudios, e o mesmo tempo tamén o ir ó Conservatório de Música. Alguén dixera que era un xenio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario