martes, 7 de junio de 2011

QUEN QUEIRA PEIXES, ¡QUE MOLLE O CÚ!



                                    Inda queda algo de auga do asunto glacial. 

 A Xeabra alta é unha terra que nutre xentes, que pra morrer de fame non necisatan a ninguén. Facemolo soliños, e se é preciso, non nos queixamos.
 Outra cousa é que sexamos parvos, e traguemos con todo. Nunca o pucheiro, como din en Puebla, e o suficiente grande. Se a pucheirada a levan os de fora e amolan os xabreses, entón a cousa obriganos a unha defensa, ainda que sexa Viriatana, ainda que existan vendidos a Roma, que retrasen o noso devir. ¡Ollo, so o retrasarán!.
 Nesta fin de semana, como casi todas, por estas datas, eu adoito ir a al Alta Xeabra a por en valor aquela pequeniña horta da Porteliña onde os ruxinois, porcopiscos, pintasirgos adoitan aledarnos cos seus trinos, e asi mesmo os corvos, urracas, pegas e demais córvidos tamén dan sinais de que existen, ainda que nos tempos que corren, algo adormilados, ou, tentando pasar desapercibidos, mais deixando sino de que ahí están.
 Nesa horta  de privilexio, herdada desde os meus ancestros, os que xa nin recordo, nesta fin de semana atopeime cunha cousa moi curiosa.(Recordo moi ben ós últimos)

 Eu sementera, sementei, varios produtos hortícolas, nos que tiña fundamentada a miña vida futura.
 Eu pensaba que con unhas poucas patatas, tiña dabondo para todo o ano, e un remanenete pra sementar o ano seguinte.
 Eu pensaba que uns poucos chícharos, uns pra comer secos, outros pra comer coa vaina, cebolas, tomates, pementos e demais, non deixarian que un pobre xabrés, co aceso negado o mundo do traballo, poderia subsistir un pouco decentemente.
 Pero, amigos, cuando cheguei a horta, atopeime cun panorama desolador.
 Naceran uns bichiños, negros, que se querian apropiar de todas as plantas, e do meu esforzo.
 Estaban dirixidos por outros “dipteros”, un chisco mais grandes e mellor organizados, que ó mesmo tempo zugaban o esforzo dos bichiños negros.
 Mirando todo aquelo, e vendo o desastre que se me aproximaba, na Ágora, despous de tocar as campas a cocilium, comentei a cousa dos zugadores de esforzos alleos.
 Atopeime co que endexamais imaxinara. Parece que ia pouco que os escravos das urces, xestas, e carqueixas, foran convocados a eleccións, onde elexiran representantes, que eles pensaban que eran para mellorar cousas, e por certo que era eso: ¡cousas dos que estaban tentando mellorar, ainda mais as deles, e que non estaban por alí!(¡Querian encher mais o saco!)
 Parece que meteron os deuses, como última expresión no tema. Querian-no levar a última expresión, ainda que non entenderan moito do que ia a cousa..
 Como os bichos negros seguian “fodendome” as miñas plantiñas, dirixidos polos os dipteros que chupaban mais que eles, cheguei a conclusión de que o obxetivo de eles non eran as plantas nin os futuros produtos, senon eu, pobre humano o que tentaban soxuzgar, cousa que me soluviantou en exceso e fixo que me dediquera a arrincar todas as plantas, despous de “sulfatar” todolos bichos.
 ¡O QUE QUEIRA PEIXES QUE MOLLE O CÚ!

1 comentario:

  1. Tamén en Arbo lles mollaron o cu aos escarabellos que atacaban as patacas.
    As patacas das que falas deben ser " Red Pontiac ". Atopeinas en www.rocalba.es onde falan de máis castes de patacas e aprendín a correcta grafía das patacas arbenses.
    Sorte coa horta !.

    ResponderEliminar