viernes, 24 de junio de 2011

¿SERVIRÍA DE ALGO SAIRSE DA MONEDA ÚNICA?



 Eu son un convencido, hastas as cachas, de que un ciclo de un certo sistema de vida, xa findou, e que agora o único que queda, nestes estertores, é tentar de coller o mellor camiño posible de cara ó futuro.
 Non sei se o sabedes, creo que moitos sí,  que desde o inicio estou implicado neste fermoso, bendito e ben intencionado movemento chamado dos INDIGNADOS, por uns ou por outros MOVIMENTO DO 15-M, , e hoxe acabo de chegar á casa despous de participar nunha comisión das que propoñen cousas. Hoxe falemos de economia, mais ben acabou a cousa metidos en macroeconomia.
 Teño que subliñar que todolos rapaces que están a pelexar, por unha vida vindeira mais xusta e con mais oportunidades de traballo para todos, son xente con moito “seny” que dirian os catalans, e cunha formación de tal nivel, polo menos en Vigo, moi alto . Licenciados, Diplomados, Enxeñeiros, etc. etc., que xa quixéramos algúns naqueles tempos dos anos sesenta nos que non se movia nin dios, ainda que agora haxa antifranquistas que deixeron morrer o dictador na cama.
 O asunto das deudas dos paises, saiu a colación, e no debate tamén o porqué dos “salvamentos” de algúns paíse, deses denominados polo lenguaxe anglosaxón PIGS, que traducido o Román Paladino quere decir PORCOS.
 O- P- é de Portugal
 O- I- de Irlanda
 O- G -de Grecia
 O- S- de Spain (España).
Rssulta que os bancos de algúns paises, (Alemania, Francia), hasta fai pouco tempo presteron diñeiro a eses países, que non se sabe ben de onde sai ese diñeiro, a xuros considerables e para realizar bós negocios porque pensaban que detrás de todos os bancos ós que le prestaban diñeiro estaban os estados.
 Ë decir que non foron de ONGs caritativas ¡Ivan a facer negocio!.
 Por definición as S.A. son entidades dedicadas a obter beneficios sí ou sí.
 Cuando unha sociedade, na súa función tén perdas, ten que arrostralas, salvo que teña grampas nalgún lugar.
 Quero decir que, si deixeron diñeiro foi para levarse ese diñeiro cos seus xuros correspondentes.
 Sé o deixeron era por que sabian que podian recuperalo porque os avalistas eran os estados.
 Sé se arromeron na tela de araña, ¡heche o seu problema!.
 Eso de querer seguir cobrando, ainda que den tempo de mora, é unha trampa. Cuanto mais tempo tarden, por exemplo os gregos, a pagar, mais deberan, os interese subirán mais, e esa deuda entra nunha espiral que cada vez é mais grande, teñen que pedir creditos para pagar parte da deuda, co que a deuda crece, e o fin eses bancos o mellor pretender quedarse co pais.(Casi preferia as guerras de antes, polo menos sabian con quén se pelexaban). Falo das famosa primas de deuda.
 Penso, para no alargarme mais, que os países que eses descerebrados chaman PIGS, o que tiñan que facer é declararse en bancarrota, e a renglón seguido sairse da moeda única, mentras eso sexa unha comunidad económica.
 Mentras non sexa unha confederación de estados con todas as da lei. IMOS FODIDOS.
.................... Daremos mais guerra


No hay comentarios:

Publicar un comentario