miércoles, 4 de mayo de 2011

O INCIDENTE II



 Pasados un par de días xa se extendera pola bisbarra que algo caera do ceo o mesmo tempo que producira un forte estrondo.
 Os comentários de todos eran identicos, solo habia unha diferencia na localización. Os da comarca do Val do Tuela falaban de que suceder polo alto do Marabón os do Concello de Lubián que fora pola serra, e os da zona de Porto decian que na súa serra camiño do Lago.
 Parece que a Guarda Civil estivera investigando sen chegar a ningunha conclusión que puideran sustentar con algunha proba. Nada mais que as testemuñas dalgúns veciños, e se as comparaban coas de outros lugares, sempre pasaba o mesmo, todo igual menos o lugar onde puñan a caida do suposto “penedo”.
 Habia nas cantinas da comarca, desde Vinhas hasta Porto de Sanabria e desde Requeixo hasta A Gudiña un ruxe ruxe constante. Xa se empezaban a notar por todos os lados os inventos dos lugareños, que en definitiva nin son tan crédulos como parece, mais sí le sacan punta a casi todo. Os chascarrillos estaban xa a orden do día. Incluso habia quen via no asunto unha mau negra con ánimos inconfesables.
 Na semana seguinte volvia a ser, no fin da mesma, día hábil de caza. Eu tomei a decisión de ir a cazar a zona, e ver se os personaxes  denominados como altas autoridades volvian a aparecer por alí.
 Durante todo o sábado non saí da zona: Castrillón, Lagoas, Piñeiro, Carbuizas, Estante e Millais, foron o meu punto de caza e vixilancia. Non sucedeu nada que me chamera a atención, hasta o empardecer cando xa case tiña decidido volver para a casa.
 Estaba eu no Canto dos Garridos, baixando hacia a estrada para coller o coche, que pola mañá o deixera na Portela dos Millais, cuando, ví  aquel vehiculo extrano que cerrera a comitiva na semana anterior.
 Decidí acercarme de xeito de non ser visto polo conductor do coche e acompañantes, se os tiña.
 Deile a orden o can de que me seguira pegado os meus pés, cousa na que estaba educado, sobretodo para cuando se iva a caza a usma. Cumplia o seu cometido a perfeción.
 Acerqueime a canteira pola alta do talud, agachado entre as urces, hasta chegar a ver o fondo da escavación . Cheguei tarde, pous o coche xa se marchaba de novo. Solo conseguí verle as luces traseiras. Pareceume que non tiña matrícula, polo menos non a vin.
 Cuando o coche desapareceu en dirección a Mezquita, baixei ó funil feito de maneira extraña para sacar granito de maneira intermitente, pous nunca o corte estuvo traballado de maneira constante. E os postos de traballo eran cativos e bastante mal pagados.
 Cheguei o fondo e non vin, igual que da outra vez nada extrano, solo unha marca branca no fondo, que daba a sensación de que se barrera a base granítica da canteira.
 Chamoume a atención que ós lados habia unhas casetas feitas con grandes bloques graníticos con cerraduras na parte frontal de grandes candados de aceiro, e que mirando polas regandixas que os bloques deixaban pude constatar que aquelo eran polvorins nos que seguramente gardaban a dinamita  os traballadores da canteira. Pensei que deberia acercarme o cuartel da Guardia Civil e preguntar polo que eu consideraba unha anomalía, pous deixar alí dinamita sen vixilancia era cuando menos, imprudente..
 O marcharme xa apenas sen luz, e o pasar diante dunha fraga das vellas, fixeime en que o musgo milenário da mesma, estaba desaparecendo. Pareciase bastante a cabeza de un humano cuando os médicos le aplican a quimioterapia. Tiña calvas a cachos. Esto quedou dando voltas na miña cabeza. Pasaría por alí durante o día para ver mellor aquela anomalía. Aquelo non me gustaba absolutamente nada, estábamos a vivir nunha sociedade bastante hipócrita e na que a información verídica, había que agarrala “infraganti”, en caso contrário, a verdade non se sabría casi nunca.
 Empezou a non gustarme nada daquelo que pasaba no Val dos Marcos e entroume un bule-bule no caletre que me decia que aquelo non era normal, e tiña que averiguar que pasaba na canteira, pous desde tempos inmemoriais, a bisbarra Xabresa sempre a machaqueran con todo tipo de escusas, mais ós seus moradores nunca, nadie os axudou e remontar o atraso secular. Escoiteile unha vez a un individuo de fora da comarca, mais que tiña responsabilidades e cobraba por elas precisamente, por traballar para a bisbarra, esto é un eufemismo, que a Sanabria era onde o vento decidía dar volta, mal se pode axudar a unha comarca se sé pensa así.
 Nunha das cantinas de Val dos Marcos, nunha tarde fría atopeime cun dos guardas,ó que le expuxen as minñas inquedanzas. A resposta foi: Non te preocupes mais que dos teus asuntos. Os dereitos minerais que conleva o arrendamento da canteira tédelos firmados. Polo tanto son legais.
 Aquelo solo fixo reafirmarme nas miñas tesis. Algo cheiraba a podrido por alí. Eu nunca firmera nada.

 Continuará…………..

No hay comentarios:

Publicar un comentario