sábado, 7 de mayo de 2011

DE CANCELADA A COVA DE LÚA



 O sol xa  estaba traspondo, as últimas raiolas iban polo bico do lombeiro. No fondo do pozo das Barreiras, espido como a súa mai o trouxera ó mundo, estaba o Cigano, berbeleando co frio, sen tentos xa, na punta dos dedos, coas xemas enrugadas que daban conta do tempo que levaba palpando as pedras e as arraigadas. Saiu fora do rio, e recollendo unha carreliña na que levaba tres trutiñas medianas voltou para a casa. Non é que fora moito, pero chegaria para cenar aquela noite él e mais a mai.
 A vella casa na que vivian estaba a menos de quinientos metros da beira direita do rio.Estaba edificada cerca do barranco que baixa do Piñeiro, nas vellas ruinas do que se decia que fora unha residencia dos Templarios.
 Cando chegou á entrada xa a sua mai estaba algo intranquila pola tardanza. Ó velo chegar meteuse para dentro da choupana, contenta o darse conta de que non habia por que preocuparse, e ver que traía alguna truta.
 Antes de entrar na casa, o rapaz meteuse dentro de unhas ciroulas, que denotaban que o antiguo propietario era mais grande do que él. Acercouse a fonte  que tiñan ó lado cunha pía para recoller auga para os catro bichos que tiñan. Apareceu coma un lóstreogo o gato Gaiado. Tiña ese nome por que el decia que estaba gaiado como un gato montés.
 Limpou as trutas e tiroule as tripas o gato, nunha pedra que xa estaba alí para eso. O gato non se preocupaba do que él facía, sabia que, unha vez acabada a faena, as raspas e as tripas caerian na pedra, polo que alí facia guarda a espera.
 Entrou na cociña, que en realidad era toda a casa, donde un escano destartalado rodeaba a lareira, e pola parte de atrás do mesmo habia dous camastros con xergóns de palla e follas de millo donde durmian envoltos nunhas mantas farrapeiras.
 Na lareira habia un lume, cun trafugueiro sobre o que puñan os cañotos e algún torgo, unas trebedes de ferro donde xa a mai puxera unha tixola, de ferro tamén, a quentar donde iba cociñar as troitas, pasando antes un pouco de touciño que deixera graxa para poder fritir a bacoriñas.
 -Vaise a acabar o touciño, e tamen xa caseque non queda leña-dixo a muller, como falando consigo mesma.
 - Mañá cediño vou por leña, caeo un carballo no fondo dos prados, e traerei uns rachos- respostou o rapaz.
- ¿cando volve o papai?- dixo él
-  Tócale no fin de semana que ven. Xa sabes que ven cada quince dias. Unha vez que dan as pegas no túnel.
 -¿Qué son as pegas. Mamá?
 - É cando fan reventar a dinamita no túnel para sacar as grandes pedras do medio.
 - ¡Ah!,-dixo o rapaz, como se o comprendera parfectamente.
 Acabaron de cear, e xa case sen luz de sol, Cigano, saliu a porta da casa levandole un cacho de pan untado na graxa de freir as trutas, a Coimbra, una cadeliña filla de un perdigueiro portugués e unha podenca.
 Laiou o Gaiado, e xotouno dalí decindole que él xa comera os restos das trutas. Ahora tocáballe á cadela. Deixouse estar alí mentras comeo, para non deixar acercarse o gato, pois a cadela era tan burriña, que o deixaba comer, ainda que ela non o fixera.
 Acabou a cadela e decidiron entrar na casa, xusto cando na porteliña de cara a Lagoas de Baixo, espantouse un bando de perdices, que lisqueron por enriba do rio hacia As Mendreiras.
-         Vaia-dixo- parece que a raposa case apaña unha perdiz. ¡Que busque grilos!.
-         Veña, imos a cama-dixo sua mai- mañá hai que madrugar.
 Entreron todos na casa, incluidos o gato e a cadela, que se foron deitar onde estaban seis ovellas e dúas cabras, nun curruncho da casa, separado do resto con unhas tablas, e tamen nun cortelliño estaba un porco que era parte de seu sustento anual, unha vez feita a matanza, alá polo mes de Decembro.
 Deiteronse despous de trancar a porta, con aquela tranca que a cruzaba dun lado a outro, e que estaba reforzada cunha barra de ferro.
-         Mamá -dixo o rapaz- ¿é certo que hai Deus?.
-         Penso que sí - tardou un chisco en contestar a mai- ¿Por qué o preguntas?
-         Por nada. Cando é de noite penso moito neso, e en quén faría todo, sobretodo o ver a lúa e as estrelas aí colgadas. As veces dame medo pensar que podemos caer da terra hacia elas. ¿Sabes?.
-         Anda dorme- díxole a mai- xa terás tempo de pensar neso outro dia. O mellor cando sexas mais grande enténdelo ¿Quén sabe?.
-         Hasta mañá, mamá- e decindo esto virouse cara a parede e ficou  quediño.

………….   Continuará

2 comentarios: