miércoles, 11 de mayo de 2011

DE CANCELADA A COVA DE LÚA (O ACIDENTE)


..........................
 Entrou na casa, e aconchegouse a carón do Cigano. Preguntoule se xa probera os zamancos e se le servian, ó que o neno contestou que si, e sen deixar falar ó carpinteiro, preguntoule:
-         Oes, ese sitio onde traballa o papá, ¿Cómo é?.
-         Bueno- contestou o vello, pillado por sorpresa- están facendo un tunel para que pase o tren.
-         ¿Qué é un túnel?, a mamá dice que é moi perigoso.
-         Un tunel e un burato debaxo dos lombeiros, para que pase por eles un tren.
-         ¿O tren é un becho coma as ratas cubeiras? Ou. ¿Qué é?
-         Bueno, -dixo o carpinteiro- é como se fose un carro tirado polas vacas, que leva moitos carros atados tras de sí, mais non pode subir costas, por eso fan buratos nos lombeiros para que as vacas non turren moito.
-         ¡Bo!, vaya vacas mais febles. Pero ¿por qué di a mamá que e perigoso?.
-         Mira, todos os traballos son perigosos, agás aqueles que se fan detrás de unha mesa, ou altar. O perigo que ten teu pai é porque algunas veces teñen que reventar as rochas con unha cousa que se chama dinamita.
-         Xa sei- dixo o neno- é como eso que tiran no rio uns homes que eu vexo as veces, estouran algo dentro da auga e as troitas morren.
-         ¿Cuándo viches eso- dixo o vello-  ¡non te acerques  cando volvas ver esa xente!. E non te preocupes por teu pai,  dile a mamá que non pase medo. Todo o que teña que pasar pasará. ¡Veña a dormir!
-         Hasta mañá- dixo o rapaz, enroscandose na farrapeira e apretandose contra o vello.
 O día seguinte, Pedro o carpinteiro marchou polo camiño de Lagoas, decindo que ia ver se atopaba uns cogumelos no Piñeiro, ou nas leiras da Cabeza das Fontes que estaban de rastrollo.
 O Cigano, marchou á media ladeira de Veigadiz, onde estaban unhas portuguesas facendo carbón. Era unha maneira de botarlles unha man, pois se viñan os Carabineros a botalas fora, elas escondianse e él deciales que ocarbón o estaba fecendo súa mai e mais él. Ainda que os carabineros non o creian moi ben, deixaban-os en paz, salvo que viñera un que parecia que le tiña xenreira a todo o mundo.
 Nesta ocasión cuando o carbón xa caseque estaba feito, viron a dous Carabineros entrando nos prados de Veigadiz, xa era tarde e estrañoules a hora. Aterreron as bufardas das carboeiras para cortar a combustión, e as mulleres lisqueron para a raia, e o rapaz ficou a carón dos lumes hasta que deixeran de botar fume.
 Estrañoule, que os carabineros non subiran a onde estaban as carboeiras;  seguiron polo camiño de Cancelada e viunos trespor  por enriba das Barreiras. Quedouse hasta que as fumarolas se acaberon, cando ia a voltar para a casoupa, viu que polo camiño viñan os carabineros, súa mai e mais o ti Pedro.
 Cando chegou a carón deles, viu que a mai estaba chorando, e a cara dos carabineros e do carpinteiro era tan seria que un arrepio correo polo seu carrelo.
 Abrazouse a mai, que intentou quitarle importancia a situación, e que le dixo:
-         Mira, tes que marchar co ti Pedro, ides ir a Cova de Lua, a casa dos avos, eu teño que ir o Campamento de Requeixo, pois o papá tivo un acidente e está maliño.
-         Eu quero ir contigo, mamá.
-         Non podes, alí non te deixaran entrar-dixo o carpinteiro- pois hai mais homes feridos e non deixan entrar nenos.
-         Exactamente, allí no te dejaran entrar,-dixo un dos carabineros- es mejor que vayas con tu tio como te ha dicho tu madre. Ella irá con nosotros, pués viene un camión a buscarnos a Lubián.
 O neno mirou para a súa mai e para seu tiu, e abrazandose a primeira, agarrouse da man do vello, como se de súpeto se dera conta da urxencia dixo:
 - Veña ide pronto. Seguro que o papá necesitate moito.
 E sen esperar mais turrou de seu tio camiño da casoupa, e os carabineros e a mai marcheron con paso bastante apurado cara Hermisende.
 Chegueron a casa e o neno cambiouse de pantalóns, puxo uns de pana menos vellos que os que levaba postos e inicieron o camiño a Cova de Lúa. Quedabanle asi como legua e media, para chegar, e debian apurar, pois a noite xa a tiñan enriba.
 Polo camiño caseque non faleron, namais de cando en vez o rapaz preguntabale o vello se sabia mais sobre seu pai, e éste contestabale que caseque nada, so que no túnel houbera un acidente coa dinamita, e que habia bastantes feridos graves. Seu pai estaba entre eles.
-         ¿Morrerá? –preguntou o neno.
-         Non o sei, fillo-dixo o carpinteiro- dixeron que estaba mal, e que queria que fose alá a túa mai.Xa nos avisarán. De momento non podemos facer nada. A ver se os médicos fan porque mellore, e que Deus queira que non sexa demasiado grave.
Non debemos preocuparnos mais do necesario, pois eso non o vai a axudar.
-         ¿Crees que Deus vai a axudalo?dixo o neno.
-         Espero que sí-respostou o vello- ainda que creo que Deus non se mete nas cousas dos homes.

 Continuará……

No hay comentarios:

Publicar un comentario