lunes, 11 de abril de 2011

PASO DE CONTRABANDO DO COLADOR


 Eran tempos duros por Val dos Marcos, daquela. Os nosos vellos vivian, se desde o punto de vista actual se le pode chamar vivir, de tal xeito que, a meirande parte, por non saber a efectos do que hoxe se chama primeiros de mes ou primeiros de ano, non sabian cuando era fin de mes nin fin de ano. Consecuencia que traía que tamppouco souberan cando era o pirncipio e o fin das datas.
 As necesidades eran sempre as mesmas, mais os recursos, cada vez mais escasos. Os chourizos chegaban hasta febreiro, os botelos hasta a Pascua, e as chourizas quedaban aquelas que as ecónomas das amas de casa metian en graxa ou aceite, mais naquela que neste.
 O pan dependía da época, de se a colleita fora boa ou non, se os muiños moian ou non e moitas veces de se os fornos estaban roxos ou non.
 (Actualmente a cousa leva camiño de chegar a peor, mais non vos preocupedes pois nunca de fame se morreu por non poder mercar gasofa para o “carro”).
 Daquela en Val dos Marcos, íase tirando, mais mal que ben, mais tirábase , Os chavalotes aprenderamos a fumar, desde follas de patata, silvas e cun pouco de sorte, afanar algún cuarterón ós vellos, sen olvidar unha pequena plantación de tabaco que tiña o “ti  Aleixandre”, que cando se sentía xeneroso, ofrecia unha pequena picadura daquelo, que como él decia, se o fumabas e non morrias era porque inda estabas vivo.
 Naqueles tempos tamén habia pola zona unha considerable dotación de carabineros, que logo deron en chamarse Guardias Civiles. En cada aldea por pequena que fora, se tiña fronteira, habia “un puesto”.
 Val dos Marcos non era unha excepción. Sempre habia un cabo e catro guardias, que ainda que pareza mentira, a súa tarefa mais importante non era vixiar que ós veciños les sucedera algo, non, a tarefa mais importante era que non pasara contrabando de Portugal a España, e que os que tiñan vacas non leveran ferrón na vara da aguillada.
 Creo que a dirección dos guardias estaba e Puebla de Sanabria, onde habia un capitán, e en Lubián un Teniente coas sús corresondente dotacións. Os que no fixerais a “mili”, preguntade a quen o sepa, que é unha compañía e de que está composta.
 Xa teño falado por estes lares, do meu amigo “o Caxera”, home ó que considero como tal, lástima que él e Dióxenes non foran coetáneos, este último, atoparia o home que buscaba e non gastaria a cera do farol.
 O café do Caxera era punto de reunión, tertulia e chismorreo da comarca. Tamén as veces se escoitaba o “parte”, e se as portelas estaban cerradas con cadeas ou non.
 Nunha ocasión, apareceu por alí, montado nun fermosos cabalo, o capitán dos guardias co seu axudante. Entreron no café a tomar ún, o xefe, preguntoule o Caxera, que por onde pasaba o café, ó que o meu amigo sen titubear e cun aplomo que solo dan os anos, respondeule: “Polo colador”. Eso foi todo.
 Pasados uns días, o comandante do “puesto”, preguntoule o Caxera, a ver que le díxera o Capitán, pois ó parecer traiaos loucos buscando un paso fronteirizo chamado “Colador”
 Desde aquela todos sabemos onde é o Colador, e tamén O Penedo dos Tres Reinos, que parece que agora non o atopán.
 (¿Cuándo carallo, alguén vai mirar, onde corresponda, eso dos límites dos pobos. Está escrito e documentado, porqué alguén o agocha?.

2 comentarios:

  1. Mui bo o xogo de palabras ese.
    Cando se decatarán os "entendidos" de que a xente do común tamén sabe as súas cousas.

    ResponderEliminar
  2. Tés razón, Paideleo. Sobretodo daquela, ainda que os paisanos nunca foron parvos. So estaban sometidos, as veces.

    ResponderEliminar