viernes, 29 de abril de 2011

O INCIDENTE


 Eaba o sol alumeando cos raios mortecinos antes de esconderse detrás do alto da Coroa, alá por enriba de Montouto.
 Os últimos raios debuxaban o Castro Bastián, no alto dos Moares, nese lugar que a raia separa ós termos da Teixeira e de Montesinho, no que alá polos anos cincuenta, nas tardiñas tamén víanse as fumarolas dos carboeiros portugueses, queimando os torgos, para levar logo o carbón pras estufas e braseiros de Bragança.
 Desde a “terraza” do alto da bodega, adoitaba sentarme mirando para portela da Teixeira que tiña a súa comba entre o Autar de Lobos e o penedo Brión, contemplando o Penedo Bastián que mesmo parecía plantadp no medio da portela. Viñanme os recordos de cuando estaba vivindo na Teixeira coa “mamá” Martina e tamén miraba a postura do sol sobre o Castro Bastián desde a fiestra da cociña da casa da avoa, nas Moreiriñas.
 Estaba eu nestas cavilacións, e xa empezaba a oscurecer. Os castañeiros do Souto  solo eran uns garabatos no horizonte,  vislumbrabanse  mais que se vian. Estaba contemplando aqueles esqueletes de xigantes cos brazos extendidos hacia o ceo, cuando hacia o Castro de Trasil viuse unha especie de fogonazo moi intenso, e detrás escoitouse un sonido bastante desacougante. Era unha mezcla de chirrido e lamento.
 Sain da casa polo lado da parreira coa idea de acercarme a ver que pasara, e o darme conta de que xa era bastante oscuro, volvin sobre os meus pasos a coller unha lanterna que me axudera a non darme un morrazo contra algo ou non sufrir unha pinchacarneira non desexada.
 Armado de lanterna, e unha garrocha con punteiro de ferro subí hasta o Castro, mais cando cheguei non ví nada nin escoitei nada.
 Eu estaba seguro de que a espécie de lóstrego que vira fora real e o chirrio-lamento, escoiterao nitiamente. Volvín a casa, e o chegar a porta do Sagrado, estaba o pastor que acababa de chegar coa res, decindole a unha muller que, pola banda da Augüeira, caera unha couisa que parecia un grande pedra, era como a fraga do Rolo,-decía,-e o chegar o chao estoupou, pois viu o fogo que produxo.
 Acercouse a media noite, e non houbo mais noticias nin ruidos do incidente. Cuando me deitei non era quen de quitarme da cabeza, tanto o fogonazo como o ruido. Aquel sonido mesmo parecia o berro de un ser vivo, mezclado con ruido de metais espachurrandose.
 Durmin mal, desexando que amañecera pronto para acercarme, a ver se era capaz de atopar algo. O dia seguinte era día de caza, polo que sairia directo o Carballal pasando polo Castro e a Augüeira.
 Cuando pola mañá cheguei o Carballal, non ví absolutamente nada ni vi señales por ningún lado que me derán razón do sucedido na tarde anterior.
 Non podia ser que tanto o pastor coma eu tiveramos a mesma alucinación. Decidin olvidarme do asunto e marchar de caza para Rechouso. Estaba enriba das Pestanas do Carballal, e cruzando polo Ladeairo chegaba rápido a Rechouso. Era un bon sitio para tratar de cazar un coello e comer a merenda na fonte da poza do ti Isaac.
 Cuando cheguei o fondo do prado dos Froles, levantouse un pequeno bando de perdices que trespuseron hacia os Caldeiros. Decidin seguir hacia onde foran, tiña un bon perdigueiro e mau sería que non déramos nelas. Polo menos fecerle fogo, e se non caia ningunha tentaria botalas fora do país, mandalas pra Moimenta.
 O chegar, no fondo dos Caldeiros, o vello camiño que levaba a Castromil, volveron a levantarse as perdices e lisqueron hacia o fondo das Carbuizas.
 Como bon cazador seguí tras delas, as cuais nun levante mais dirixíronse hacia Lagoas. Parecia que efectivamente as ia a mandar a Portugal. Xa estaba dudando de que puidera acercarme e gastar algún cartucho. Bueno, así estrumaba menos chumbos no monte.
 Cuando xa estaba cerca da canteira, mellor dito, a excavación da canteira de Lagoas, atopeime cunha patrulla de guardas de seguridade que me impediron o paso hacia ela. Dixeronme que por alí non podia pasar. Tiñan un cerco con centro na canteira que tería un radio de cerca de mil metros. Como insistí en preguntar o porqué da prohibición, contesteronme de maneira pouco amigable, e o decirles que eu queria ir por alí a unha fica que tiña detrás da canteira, chemeron por un teléfon móvil e o pouco tempo apareceu por alí un elemento que parecia o xefe daqueles malencarados guardas, que me dixo que solo era por aquel día, que non podia pasar pois habia medidas de seguridade porque estaban na zona altas autoridades, e tiñan orden de non deixar pasar a ninguén e menos a alguén armado. Eu poderia seguir cazando, sen acercarme. Entonces preguntei se podia cruzar pras  leiras que chamábamos o Piñeiro e sinalei para elas. Díxome que sí, que sin problema, sempre que rodeera o cerco.
 Baixei polo Canto dos Garridos a cruzar nas Malladicas, e o chegar o Piñeiro busquei unhas fragas, desde as que se via a zona da canteira.
 Mentras comín a merenda estuve contemplando o ir e vir de xente pola canteira, parecia que en vez de estar sacando pedra, estaban deixando algo por alí.
 Deixeime estar casi hasta a anoitecida, cuando a eso das seis e media ou así, sairon da canteira varios coches todoterreno, dous camións e unha espécie de cisterna. Cerrando a comitiva ia un coche bastante raro, cun feixe de antenas no vico do mesmo.
 Volvín para casa, pasando polo camiño de sempre a peto, pois pasaba diante da canteira e queria ver que pasaba. Cando cheguei á mesma alí xa non había ninguén e tampouco rastro de que estivera alguén por alí.
 Acerqueime ó oco onde saqueran cachos de pedra, que ten como uns vinte metros de talud, e tampouco vi nada. Pareceume que no talud de granito, no fondo de todo, a pedra estaba mais limpa que o resto. Xa era tarde e o mellor enganabame a vista.
 Cando, o dar a volta para baixar a carretera, vin o can que estaba a tremer, e non se acercou a min hasta que saín da zona da canteira. Non paraba de mirar para a mesma, e sorber coas narices no vento cara ela, como se barruntera nela a presencia dos porcos monteses, bichos os que él le tiña verdadeira tírria.

 Continuará……..

2 comentarios:

  1. Nos dejas a punto de caramelo, Xabres: habrá que estar atento a la continuación.
    Abrazos

    ResponderEliminar
  2. Xibeliuss: Tendran vuesas mercedes cumplida y seguida información sobre el Incidente.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar