martes, 26 de abril de 2011

¿ É TODO UNHA QUIMERA?



 Nestes días da Semana Santa, estaba eu alá por as bituminosas terras de Val dos Marcos e, aproveitando o influxo da semana recordatória da morte e resurección do Cristo que dá nome a ese negocio da igrexa, chamada critiá, deume por recordar aqueles tempos do catecismo do pai Astete, e as clases de relixión, que xunto con aquelas da formación do espiritu nacional, tenteron lavarnos o cerebro e aborregarnos a todos. ¡Caseque o consiguen!.
 Pensando naquelo da resurreción en corpo e alma no día do xuizo final, e un pouco moralbaixo, ou baixomoral, sen moras, acerqueime á famosa Cova do Frade, ali cerca da loiuxeira, onde eu teño a miña capela particular na que me encerro de cando en vez para reflexionar, cousa que fixen desta.
 Cando estaba mergullado en profundas reflexións, dandole voltas o asunto de resucitar co mesmo corpo no que se vivira, ó que tiña que xuntarse despous de unha mangallonada de anos, mellor dito, dunha mangallonada de millardos de anos, e etaba metido nun “bucle” infindo, sentouse a meu carón o Home do Capote Remendado.
-         Vexo que estás un chisco meditabundo, co asunto da reencarnación o día do xuicio final. Quero ver se te axudo algo, contandote unha unha istória do éculo IX ou X, nunha época na que vivin en Persia, onde daquela inda habia reminiscencias do Zoroastrismo.
-         Benvido sexa o meu carón. Aledame moito que me conte esa istória, se o ten a ben- dixenle eu, o Ancian do Capote Remendado.
-         Atende a istória;
 Habia un home moi sabio e profundamente creente, que nun certo día chamou a muller e díxole: Prepara unha pira de leña para mañá na que unha vez encendida e eu purificado convenientemente, subireime a ela con fin de ser queimado na mesma.
 Aterrorizada a muller, preguntoule que era o que o movia a facer aquelo, pois eran felices, e vivian dacordo coas normas da súa relixión. ¿Por qué tiña que facer aquelo?. Entonce él cunha grande serenidade respondeule “aprende ¡oh muller!, o que eu soube gracias a miña ciencia  e infalible calculos  astrolóxicos que fixen".
 Cheguei a conclusión que o Noso Creador, cando chegue a hora da resurrección, terá moito choio, para xuntar todos os átomos que antes configureron os corpos do humans, pois unha vez que os corpos se degraderon cada atómo, tanto de ósos como de musculos, e demais compoñentes dun corpo, colleo un camiño doferente. Uns átomos convertironse en flores, outros e frutos, e outros en definitiva entreron na roda de creración e destrución da Natureza, cousa que seguramente fará que o traballo no último día sexa grande, pois decubrir a quen le pertencia cada un e volver a facer que formen parte do corpo actual noso será de moito traballo. Eu quero axudar o Creador, polo menos facilitandole a cuestión co meu corpo. Por eso te suplico que cando recollas as miñas cinsas, as metas nunha caixa de chumbo e as fagas enterrar fondas debaixo do maior penedo que se atope pola bisbarra.
 O escoitar esto a muller, falou decindo: ¿Acaso non ocurrirá que cando vimos este mundo, que os nosos elementos e esencias non serán o producto das innumerables transformacións?, e se eso é así ¿Qué mais dá que o noso corpo sufra unhas cuantas trasformacións mais?, pois de ser así a nosa personalidade non será mais que unha quimera e un ensoño. O gran sabio quedou asombrado, mirando a súa muller asombrado da súa loxica e solo soubo decir: ¿Qué facer e que pensar, logo?, ó que ela respostou: non quedan mais que dous camiños; ou seguir creendo sen entrar en averiguacións, ou considerar todo o que nos contan como unhas fábulas e continuar vivindo sen complicacións, sen facer mal a ninguén, seguro que o que teña que suceder sucederá xa que naide nin nada poderá cambiar aquelo que a Natureza teña escrito para cada un.
 O sabio abrazou á súa muller e dixo: Sigamos o noso camiño como dices, sen facer mal a ninguén, mais sen fecérnolo tampouco  a nos mesmos inquietándonos con preocupacións quiméricas.
 Desde aquel día, cada vez mais sabio e cada vez mais xusto, continueron pola senda trazada polo Destino sen volver a preocuparse polos designios do Gran Arquitecto do Universo.

 -Esto foi-dixo o Home do Capote Remendado- o que fixo que o sabio e santo Nezami-ol-Molal deixera de ser creente..
 Cuando quixe darle as gracias ó meu amigo, éste xa desaparecera.

2 comentarios:

  1. Hai muitísimo tempo que non creo en seres superiores creadores de mundos. É demasiado traballo, creo eu.

    ResponderEliminar
  2. Tés razón. Eu tamén, xa vai tempo que non creo en seres en xeral. Está a concomerme a dúbida de se debo creer en min.

    ResponderEliminar