viernes, 21 de enero de 2011

UNHA TOUZA EXTRAÑA


…… Achábame medio atordoado o lado dun valado moi alto. Esperguiceime e dando bandazos de peneque, conseguin ter mau de min, a duras penas.
 Mirei para todolos lados e agás o valado non habia ren mais. Tiña unha altura considerable, non se via nada por enriba e hacia a parte do oeste non se le via fin, pola banda do leste, cerca de onde estaba eu víase unha esquina. Dei a volta na mesma, e logo albisquei unha porta, moi extraña, por definila dalgún xeito.
 Os laterais daquela porta semellaban estalactitas que colgaban dun teito moi alto, práticamente invisible desde o chao. As estalactitas xuntábanse cada unha con unha estalagmita enterrada na terra. Tiñan grabados un signos que podia ver ben, desde o mais alto hasta o chao, aqueles signos semellaba que estaban unidos por un estrinque. Tamen tiñan a particularidade de que os das dúas columnas eran identicos, como sé se reflectisen nhun espello. Eran xemelgas.
 Non habia porta, so unha arbore moi grande que enchia a lumieira e non deixaba albiscar mais que alí debia haber unha fraga ou souto de grandes arbores similares a castañeiros ou carballos norriguentos xigantes.
 Traspasei o umbral hasta a primeira arbore, que era rexo, alto e con moitos canos e gallas, víase moi ben pois parecia que aquela arbore nunca tivera follas. Mais tarde descubrin o porqué.
 Camiñei pola direita, pois parecia que aquelas árbores seguian unha orde concreta. Pensei que daba igual empezar pola direita que pola esquerda. Elexin a primeira.
 Cunha cadencia matemática, a distancias iguales estaba outra árbore, todas eran distintas, unhas mais rexas que outras, con follas algunhas, espiñas outras e núas outras, asi hasta catorce. Formaban dentro do cuadrado da finca, un circulo perfecto
 No medio do medio habia tres árbores moito mais grandes e frondosos que os primeiros. Cada un destas árbores facía por catro ou cinco dos outros catorce. Estes tres conformaban no medio un triangulo equilátero perfecto.
 No medio deste triángulo estaba unha árbore inmensa. Contemplado-a, facia que o resto con seren grandes, semelleran herbiñas comparadas cunha sequoia.
 No daba creto a aquello que estaba a ver. Volveron as dudas de saber onde estaba, ou se as meciñas que me deran no hospital, inda estaban a facer das súas.
 Pase-ei moito tempo por aquel xardín, non podo decir cuanto, supoño que perdí a noción do mesmo. Cada volta que daba achaba algo novo que se relacionaba con todo o que habia dentro.
 Nunha das revoltas que dei, de repente vin pasar, moi rápido, un cervo todo branco, que no medio das gallas-cornas levaba unha cruz, na que no travesaño horizontal puide ler:”Todalas cousas descansan conectadas con nós ar… Magnetism…….. fisico”, a parte de puntos non se leia.
 Desapareceu a visión e quedei abraiado o lado da peana da árbore que estaba xusto enfrente do da entrada.
 Fiquei dormido.
 O espertar, xusto a altura dos meus ollos, nun torgo-raigoto da arbore, puiden ler, nun circulo a verba: THEOLOGIA.
 Todas as árbores tiñan nun circulo unha verba.
 Quedei dormido de novo.

2 comentarios:

  1. :) Jjejeje Xabres: tienes que cenar menos!
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  2. Tienes razón. Me he pegado un atracón de "Magnes sive de magnetica arte" de Athanasius Kircher, y todavia estoy flotando.Solo me queda la descripción de diecisiete mas uno arboles. Paciencia.
    Unha aperta

    ResponderEliminar