jueves, 23 de diciembre de 2010

¡ COMERÁS BERZAS!


¡BOOOON   NAAADAALL  A TODO MUNDO.! (Desde Burgos¡que bon viño!

 Tempos duros. Naqueles anos a cousa estaba  “francamente” fodida. A hora de comer incuestionablemente sempre pasaba o mesmo, caldo de berzas un pouco de touciño, se habia sorte. O dia seguinte a cousa variaba, berzas con cheiro a touciño.
 En Val dos Marcos, habia bastantes vacas, tiñan vitelos, éstes os seus donos vendian-os, mais os “bisteques” comian-os noutros lugares. Coido que nin o crego, o médico e os guardias civiles os cheiraban.
 O peixe, xa era cousa casi de extraterrestres, pois a mellor ocasión era polo mes de Santos. As veces viña un paisano de Verin que traia sardiñas e cambiabas por castañas. Unha dúcia de sardiñas, unha cesta de castañas. A cesta coido que era de arroba (algo mais de once kilos).
 Polo tanto, e tendo en conta o que precede, ter a oportunidade de comer algo de peixe, polas datas do Natal era algo que todos desexábamos e poucos facian .
 Daquela polo Val dos Marcos, adoitábase unha cousa natural para poder comer algo de peixe, ainda que fora de rio. Tamén daquela polo Tuela habia trutas, barbos, bogas e escalos. Tamén pululaban por alí lontregas, garduñas, martas e fundamentalmente ratas de muiño e unha especie de rio chamada nízcaro que é unha especie de toupo de auga. O que se adoitaba facer era armar as manxoeiras, unha espécie de nasas, feitas polos lugareños, coas que se collian as trutas, por estas datas, aporveitando a “freza” da salmo fario, truta endógena do riu Tuela, hasta que se solteron as trutas do arco iris en Portugal.
 Armábanse as manxoeiras nas vicadas das preseiras. Nas propias caldeiras e nos remansos dos fondos dos pozos, onde a auga non  fora demasiada, pois eran os lugares onde as trutas “frezaban”.
 Podiase facer unha boa pescata se a primeira en entran na manxoeira era unha truta, pois detrás entraban machos, coido que hasta agotarse no pozo no que se fixera a operación.
 O dia vintetrés do Natal, meu pai e mais eu, cargando con cinco manxoeiras, feitas por él, baixémos o Tuela.
 Empecemos no fondo do pozo das Barreiras, armando a primeira manxoeira  na marxen esquerda do riu, casi en Parada. A segunda no pasadeiro de Veigadiz a Veigadarea, na marxe direita. O riu non viña demasiado grande, podiase pasar dunha borda a outra coas botas de goma, aquelas que chegaban casi a rodilla.
 A terceira armémola no cimo da charca do prado do ti Salvador, en Veigadiz. A penúltima no fondo dos prados do Prado Grande e a última nas vicadas da preseira do fondo de Penacoba.
 Alí durmiron toda a noite. Noite por certo na que empezou a chover de tal xeito que, o dia seguinte o riu crecera. Cando fumos a buscalas a mañá seguinte, decidimos que eu iría pola banda de Hermisende, para recoller a que habia no fondo de Veigadarea.
Ibamos casi a par un do outro. Cheguemos a primeira, no fondo de Penacoba. Estaba valeira, bueno valeira, valeira, non. Tiña dentro un nizcaro.
 A segunda, no Prado Grande tamén estaba valeira e a do fondo das Collostras de Veigadiz o mesmo. Valeiras.
 Cuando cheguémos a do fondo de Veigadiz, no pasadeiro, meu pai sacou a penúltima con algo mais de sorte: tiña unha truta. Mirando para min e berrando por enriba do bruar das augas do Tuela, díxome: ¡COMERÁS BERZAS!.
 Baixémos a última, a de Parada. A única que estaba na marxen esquerda do riu.
 Chegueí o lado onde se quedera a manxoeira, mais coa crecida do riu, non le chegaba, e desde a miña posición parecia que estaba chea de follas cousa que presagiaba mas notícias con relación a pescata.
 Busquei un pau cun gancho co que pudera sacar o artiluxio. Despous de un tempo, atopei o pau axeitado, acerqueime e enganchei a manxoeira e tirei dela. Aquello pesaba, polo tanto tiña que estar chea de follas e algunha pedra.
 Berreile o pai : ¡COMEREMOS BERZAS!.
 Turrei da manxoeira hasta sacala, e alí foi a sorpresa. Estaba ateigada de trutas.Foi tanta a ledicia miña que sen encomendarme a Deus e os Santos, queiteime os pantalóns e con eles, as botas e a manxoeira na man, crucei o riu hasta onde estaba o Pepe. Unha vez que xa entrei en calor de novo, tanto o Pepe como eu, calculemos que naquela manxoeira habería mais ou menos unha arroba de trutas.
 Foi unha boa navidade. Cenouse trutas a esgalla, e despois as consabidas terroxas, o unico dulce asequible daquela.
 ¡Tempus fugit!, aqueles endexamis volverán.

6 comentarios:

  1. Supoño que antes se apreciaba máis o que había pola escaseza reinante.
    Boas festas con trutas ou o que caia !.

    ResponderEliminar
  2. Gracias, Paideleo. Boas festa para todos e sobre todo para Leo.

    ResponderEliminar
  3. Boas festas e bo ano, xabrés. Botámosvos de menos en val dos marcos, pero estiveches con nós en espirito... de licor café.

    ResponderEliminar
  4. En la cena de nochebuena de este año yo tuve quien suspiró por un buen caldo de berzas... jejeje La memoria a veces es traicionera.
    Un abrazo, Xabres y felices fiestas

    ResponderEliminar
  5. Loro: "es para mi un orgullo y satisssfacción" saber que o xarope foi do agrado do persoal. Non poderemos deixar de menos a tradición.

    ResponderEliminar
  6. Xibelius:te puedo decir que, en un momento determinado de mi infancia,mientras los mayores jugaban a la brisca, alguien preguntó que era triunfo, a lo que respondí: berzas. El plato ya frio esperaba por mí y no habria nada más, si no era deglutido.Por supuesto de berzas.
    Buen fin de año.

    ResponderEliminar