lunes, 22 de noviembre de 2010

A SAÚDE TAMÉN MATA




  Eu era un invitado naquela casa. Estivera comendo nun amplo comedor, daqueles de antes, con mesa longa e bancos corridos, con respaldo a media altura,que xa tiña cor negra acastañada, tanto pola mugre como polo uso.
 Eramos varios a comer, o que mais recordo era que habia tres curas tamén daqueles de antes, con sotanas lustrosas e ben engrasdas.Estábamos na casa dun deles.
 A comida debia ser polas festas paronais do lugar. Tamén estaba o médico, o alcalde e o mestre. E decir estaban alí todalas forzas vivas, agas eu, que era un invitado do patrón da casa.
 Cando nos sentémos a comer, nunha das cabeceiras sentouse un individuo bastante peculiar. Falaba castelán, era lixeiramente amaneirado, atlético e dun aspecto algo esquelético, con dedos sarmentosos e cunha mirada desas que nunca te miran directamente. Cando falan contigo ollan para a parte de atrás túa, por enriba de ti.
 Nesas festas, adoitase tirar a casa pola xanela, esta non era a excepción. Habia comida abondosa e do mellorciño que se podia pedir. Xa de principio, chamoume a atención que diante do home sarmentoso habia unha xerra de cristal que brilaba chea de auga cristalina, e o lado da mesma un copo tamén de cristal. Debía ser cristal da Real Fabrica de “La Granja” da provincia de Segovia.
 Durante a comida, aquel home non comeo ningunha cousa da que comimos nos. Mentras nos comimos algo de marisco, un bon cocido e unhas boas chuletas de boi, el comeo uns consomés e pouco mais.
 Nun momento en que mirei para o comensal da miña beira,díxome que era un home moi preocupado pola súa saúde, non comia de todo, solo aquelo que consideraba que era bo para a conservación do seu corpo, so bebia auga mineral, e podiase decir que a súa dieta caseque era vexetariana.
 Acabémola comida, bastante tarde por certo, e fúmos a cantina a continuar coa festa. Alí cada quén pediu xunto co café aquelo que mais le apetecia. Augardente, licorcafé, cognac, etc., agás o home sarmentoso que o parecer fixo unha excepción e tomou unha infusión de manzanilla.
 Entre partida e partida todos nos pasemos un chisco, a fin de contas era a festa do patrón e aquelo non acabaria hasta o seguinte dia. Todos paguemos unha ronda, a última non se tomou: era a do Sarmentoso. Eu cheguei a pensar que aquel fulano no comia nin bebia so por aforrar.
 Non era así, según o alcalde. Era un home preocupado pola saude, e sempre criticaba a aqueles que comian de todo e facian excesos de cando en vez. Él queria estar san e tiñale un medo horroroso a morte.
 No dia seguinte, cando me erguín, o ir a tomalo xexún, atopeime coa noticia: O HOME SARMENTOSO MORRERA POLA NOITE. O parecer morreo de morte natural, así, sin mais.
 Atopeime co médico que o estivera examinando cando le dixeron que finera, e pregunteille qué le pasera a aquel home, e respondeume:
 ¡MORREU DE UN ENCHENTE DE SAUDE!

No hay comentarios:

Publicar un comentario