miércoles, 10 de noviembre de 2010

O RETORNO- (RELATO INCRIBLE) - AS DUDAS

 CAPITULO II – AS DUDAS

 Despous da conversa coa Fada da Veiga, iniciei a volta hacia a aldea coa intención de  descansar hasta o dia seguinte.
 Busquei o cabalo, e non foi posible encontralo. Dei unha volta polos arredores do lugar onde quedera a última vez, pero non habia nin rastro do equino. Andaba a procura do animal polo fondo do Litro cuando fun testigo dunha extraordinaria sesión de bon oficio. Do que se realiza desde o principio do mundo, vereis:
 No cauce do que fora o riu Tuela habia un campamento de instrucción militar. Estaban , no que foran prados unha serie de barracons, dos que entraban e saian militares en formación, que se dedicaban a recibir instrucións dos seus superiores.
 De repente nunha bórda do campamento, no medio de una gran matugueira de  sabugueiros, organizouse un balbordo grande, onde sobre todos os berros sobresaian os de unha muller, que insultaba ó que parecia un oficial. Chamábale de todo, e acusábao de ser o causante da morte de fame dos seus fillos pequenos. A carón dos dous habia un militar semidesnudo, tentando vestirse apresuradamente, e polos lados da matugueira liscaban outros ante a  intromisión daquel oficial. Parece que a prostituta tivo unha genial ocorrencia; os militares levaban alí seis meses aillados e decidiu ir a facer negocio. Como ela esperaba, pronto se correu a voz, e a ringleira para practicar un pouquiño con ela cada vez era mais grande, hasta que chamou a atención dos xefes, aquel ir e vir hacia a matugueira.
 Acabou o balbordo cando a muller marchou co oficial hasta a residencia dos mesmos,e a rioula hacia alí solo cambiou nos niformes. O resto clavadiño.
 Deixei aquel lugar, camiñando plo antiguo camiño de Castrelos, hasta chegar o fondo do rigueiro de Belois. Alí co son do batán do pisón tamén estaba unha parella, de home e muller, seguindo o ritmo e tamén proseguindo, ou tentando, que a humanidade non se acabera.
 Acerqueime o regueiro co ánimo de refrescarme, e cando me inclinei para coller a auga entre as duas mans, esta retrocedeu. Pensando que era unha ilusión miña, acerqueime de novo e sucedeu o mesmo, e a auga dando un berro díxome que non me acerquera a ela por todo o que mais quixera. Dixo que non queria que le pasera como ó Tuela, que estaba seco por culpa dos homes, tanto levalo por aiqui e por alí, e logo tentar de modificar as serras, e modificando o medio ambiente, fixeran aquel desastre.
 No que antes era un leito de rio agora era un cascallal onde xa empezaban a crecer as urces, silvas e demais monte que crece onde non queda outro tipo de vida.
 Cando me acerquei as leiras de Mouromorto, vin home montado nun cabalo que parecia querer escapar dunha perella, home e muller, que le falaban en portugués, cousa que non parecia agradarle moito polo que azuzando a besta saiu a lume de carozo, hasta caer nun barranco do que no foi capaz de sair, ni él nin o cabalo. Entereime masi tarde de que era un aspirante a procurador buscando votos. Evidentemente non de castidade.
 Subin pola Ladeira arriba hasta chegar a un sitio onde habia varios homes arrancando louxas da terra. Cheguei a pensar se as louxas tiñan algunha relación co viño, pous solo saian despous de que os homes beberan da tal brebaxe dun pelexo de tres cántaros, que tiñan o lado deles. Aquelo era unha rutina : Trago de viño, louxa fora, trago de viño, louxa fora. Cuando acababa o viño non saian louxas. Estaba clara a relación.
 De súpeto atopeime de novo, na cama do hospital, recordei que entrera nel despous daquela horrorosa explosión na ponte e nas escolas que estabamos a facer. Tamen recordei ver restos humans o meu arredor, e o que mais dor me dou foi que a maioria daqueles restos eran de nenos. Eu tiña unha grande ferida na parte esquerda do ventre, cando vi aquelo desmaieime. Espertei nunha grande explanada de herba verde e tan grande que parecia un oceano de tréboles. Estaba eu alí no medio da nada, solo habia trebol por todolos lados de maneira case infinda.
 O lonxe crei distinguir a figura dun home moi alto, vestido cunha túnica que le chegaba hasta os pés, e cun báculo como os dos pelegrins.
 Pensei que estaba louqueando.




2 comentarios:

  1. Por lo menos, unos cuantos están poniendo todo su empeño en perpetuar la especie :)
    Abrazos

    ResponderEliminar
  2. Xibelius:

    Hay una cosa que no tiene enmienda. !Gracias a Zeus!

    ResponderEliminar