lunes, 25 de octubre de 2010

¿QUEN DIXO MEDO?




 Cuando un empiluxo chegado a este mundo empezaba a comprender algo do que os maiores facian e decian, empezaban estes mismos a condicionalo. Coido que, desde pequenos,e de xeito inconsciente nas mentes limpas,os maiores iniciaban unha espécie de lavado de cerebro que mais tarde a propia sociedade acabaria pepetuando.Os primeiros e peores condicionantes eran os medos que, nun caso como propios e noutros como ensinanza, acababan metendo na cabeza dos que iniciaban a andaina pola vida.
 Os primeiros medos, que moitas veces levaba implicita unha ameaza, empezaban nos primeiros anos de vida; se o infante non durmia apelaban ó Rampoño, o Coco ou a Mau Peluda. Tiña sorte se non era ameazado coa corte dos porcos, cousa que le puña a última comida o rapaz, xusto na ponte tragadeira.
 Outra ameaza era deixalo sen comer ou cear, cousa que na maioria dos casos facia dun neno-fera un neno-año. A fame non é moi fodida se non se pensa nela, mais con so pensar en non comer ou cear, xa entra unha gana descomunal.
 Nun estadio maior da vida, xa as ameazas son outras. Cando o individuo é consciente da maneira de vida e vislumbra o que le vai deparar a mesma, a ameaza tamén sube de tono: deixalo no monte para que o coman os lobos, chamar a aquel veciño que ten fama de sacaúntos. Asi e todo o mais “negro” era a ameaza de vendelo ós ciganos cando apareceran polo forno. Corría a voz de que os metián en caldeiras con aceite fervendo e despois comian-nos. ¡Nin que o aceite fora gratis, e os ciganos que viñan o forno, ricos!.
 Despois aquelo subia de nivel, xa cando as ameazas eran coa guarda civil, que según decian levarian o infante o castelo de Puebla de Sanabria, onde quedaria uns dias ou semanas hasta que un señor que se chamaba xuiz o deixera volver a casa. Non so era o pasalo mal nun lugar lóbrego e durmindo no chao, senon os marmurios despous de volta a casa, dos veciños.Esto asustaba muto.
 Neste saco non queremos meter os medos e ameazas que os cregos te endilgaban para cando morreras. Chegar a outra vida xa cun castigo seguro era algo moi temible, por exemplo aquelo de arder constantemente sen nunca acabar, como a silveira de Moisés, era terrorífico. Coido que o sigue a ser. ¡Joder cos vendedores de “futuros”!.
 Mais tarde os poderes públicos (¿ou fácticos?), empezaban a dar a vara coa “mili. Podiante levar a Africa, ou matarte de fame, facerte pasar un monton de tempo nun calabozo e vivir encerrado durante ano e medio nun cuartel, que idealizabas “invivible”.
 Aiqui empezaba xa unha serie de medos institucionalizados de ameazas, que perduran hata oxe. Neste eido que cada quen engada aqueles que le tocou vivir, ou sufrir.
 Exemplos: medo a perder o traballo, medo a morrer na carrtera, medo a que non te den o crédito, medo a que te rouben con impostos, medo a unha guerra, medo..medo..medo..en definitiva medo o medo.
 Agora mesmo, temos unha soberbia ameaza enriba: A CRISE, que nos meaza con deixarnos espido de todo.
 En realidade eu, so teño un medo: TER QUE CORTARLE O GAÑOTE A AQUEL QUE QUEIRA VIVIR DE MIN.

2 comentarios:

  1. Qué razón tienes, Xabres. Si, al final, lo único que cambia es la estaca con la que nos amenazan...
    Abrazos

    ResponderEliminar
  2. Desgraciadamente, tenemos que hacernos viejos para averiguarlo.
    ¿Siempre hemos sido unos crédulos.
    Unha aperta

    ResponderEliminar