martes, 28 de septiembre de 2010

¿ULOS TESTIGOS?



Eran outras épocas, outros modos de entender a vida, mais os comportamentos das xentes coido que non evolucioneron a mellor. Non quero decir que foran a peor, ainda que,¡quén sabe!.
Eran tempos de mallas. Xa sabeis, un daqueles traballos nos que todos necesitaban de todos para facelo no menor tempo posible.
Nas mallas podian suceder casi todo tipo de cousas, sen que pasara nada: Un gaveleiro podia meter no medio da gavela de palla a unha moza e levala ó palleiro, e todos contentos. Incluidos os pais da moza, e ela non digamos. O gaveleiro tamén, e seguro que tiña léria para o resto do ano.
O viño andaba polas airas en cabazas, en garrafas, é noutros recipientes. Éstes solo tiñan que ter unha característica única, que non verteran e que a capacidade fora superior a cuartilla.
Tamén, ainda que menos, as veces, circulaba algunha “caneca” de augardente, e se viña con noces do ano anterior, mellor que mellor.
Nomalmente, as inibicións personais desaparecian, e as veces agromaban as renxeiras.
Nunha daquela mallas, sucedeu que un home, recibiu unha media malleira de outro mais novo, que le xuntou a chaqueta de pana coa súa própia pel dun estacazo cun engazo.
O porqué da agresión non ven a conto. O agresor atizoule co engazo ó que despous sería seu sogro. Tal vex o torgo do problema fora ese.
O home agredido, sen pensalo mais, no medio da malla, decidiu denunciar a seu agresor.
O tempo, o Xuiz de Paz estaba en Val dos Marcos, lugar no que acaeceron os feitos.
Por se alguén quere detalles, o Xuiz era o ti Carlos. Tamén, daquela, o Segredario do xulgado era do Barrio de San Cibrao. Era o ti Germán.
Presentouse o home agredido, na casa do xuiz decindo que queria denunciar os feitos. Tiña a cara chea de sangue, e moratóns nas costas, todo ben visible e subliñado por él mesmo.
O ti Carlos, o velo, e antes de chamar o Segredario, díxole o home agredido: ¿Tes terstigos?. ¿E non vou ter?-díxo o agredido- ¡Era no medio da malla!.
Mira,- dixo o ti Carlos- antes de chamar o Segredario para que tome nota da denuncia, é mellor que veñas cun par de testemuñas. Así xa non perdémolo tempo, nin lo facemos perder o Germán.
O home marchou outra vez a aira na que se estaba a mallar, pero, ¿Oh, mistérios das parcas!.Naide vira nada, nadie se enterera de nada. Algún díxole, que era mellor que non se metera en problemas.
En definitiva, quedouse coas pancadas, non foi vingado, e co tempo tivo que aguantalo como xenro.
¡Porca vita! E por outro lado, ¡Pouca honestidade xuntada con medo!
Non creo que na actualidade, o desenlace fora distinto. Cambian os tempos, cambia a educación mais a xente non.

2 comentarios:

  1. Se ninguen lle quixo ir de testigo tal vez non merecese moita defensa, digo eu. Por certo, díxoche o Cándido que viu a un tipo moi interesado en levar o motor da foto? Seica lle dixo que o motor tiña amo, pero que aínda así insistiu en preguntar se o podía levar. Vais ter que atalo cun estrinque.

    ResponderEliminar
  2. Xa le rouberon as rodas. Haberá que cambialo de sitio.

    ResponderEliminar