martes, 21 de septiembre de 2010

¿QUEN DIXO VOLVER ATRÁS?


Teño cinco anos, ¡Deus, canto arelo ter oito! Os de oito fan o que queren naide les dí ren . Oxe o sair da escola, tentei de facer o mesmo que o Dióxenes e caín de cheo na caldeira da auga. O que mais me amolou non foi a leria da nai por chegar coa roupa mollada e embulleirada, senón pola vergoña que me fixeron pasar os outros rapaces.
Xa teño nove anos. Onte pensaba que o mellor era ter oito. Xa os fixen, e resulta que me dei conta un ano despois. Agora penso que o mellor seria ter trece ou catorce anos, pois son os mellores. Xogan o “parado e o collido”. É un xogo de rapaces fortes. Se non eres forte non podes xogar. Xente coma Dióxenes, soltan unas labazadas desas que non te deixan respiración. Deixante sen folgos durante caseque media hora.
Acabo de cumplir dezaoito anos. Onte queria ter catorce, e coma sempre cando me decatei foi agora, catro anos de retraso. ¿Estarei empezando a ser vello?.
Non é un mor de idade hasta os vinteún anos. Inda me faltan tres para facer o que me dé a gana, sen ter que consultar cos pais. Detodolos xeitos non sei para que quero ser mor de idade, pois por moito que queira, penso que sempre dependeréis deles. Aiqui non hai onde traballar, nada mais que no verao cando se recollen os froitos dos que viviremos todo o ano seguinte. ¿Qué pasará o ano que a colleita sexa ruin?.
Teño vintecinco anos, xa fixen a “mili”. Creo que non aprendin nada nela, en contra do que decian os vellos. So aprendín a estar no “trullo”. Tamén aprendín que ós que mandan non hai que levarle a contraria, fódente por menos de un cigarro.
Teño trinta anos, xa traballei en catro ou cinco “choios”. Esto non hai quen o ature. Fante traballar coma un burro, pagante a cantidade suficiente para empeñarte cada mes. Eso sí, é pouquiño o empeño. Mentres a patrona aguante as demoras nos pagos, e non falte para o paquete de “celtas”, todo vai mais ou menos ben.
Fai cinco días cumplin cuarenta e cinco anos. Non sei por que non me acordo do dia do meu aniversário no mesmo día. Hoxe o meu fillo preguntoume cando faria oito anos. Leva dúas semanas indo o colexio infantil. Supoño que por ahí hai un novo Dióxenes.
Cumplin fai uns días os sesenta. O meu fillo creo que quere ter uns cantos anos mais. Parece como se as cousas das xentes estiveran nun circulo marcadas, e á medida que un cumple anos, vaise acercando ésas partes do circulo que sempre son as mesmas. No circulo non hai variacións. Solo as hai no noso estado en relación co circulo.
Sempre pensei que co paso do tempo, e o facerme mais vello, algún día quereria ter menos anos dos que teño. No é certo. Cada vez teño menos ganas de voltar atrás. Cheguei aiqui, é o meu bagaxe, grande ou pequeno, bó ou mau, penso que é meu, que o teño que mellorar, e eso de voltar atrá non me seduce para nada.
Hacia adiante teño algo inda que explorar, o de atrás xa o coñezo.So añoranzas e recordos. ¿Qué pasará despois?
¡ ESTO HAI QUE MELLORALO!

3 comentarios:

  1. Eres un paraboleiro xenial, dito sexa sin coña nin retranca. Parabéns pola metáfora do que é a a vida e o paso do tempo.

    ResponderEliminar
  2. Eu tamén son da opinión de que non hai que volver atrás.
    Tés un premio no meu blogo.

    ResponderEliminar
  3. Obrigado os dous. Esto de estar na recollida das vitaminas, fai que un se atrase en mirar os blogos.Falaremos dos pementos e dos chícharos, para informar o mundo mundial.
    Podo adiantar que o amigo loro ten unha árbore rara. "ten pinta de zreixal e no é zreixal", tamén a daremos a coñecer.

    ResponderEliminar