sábado, 4 de septiembre de 2010

AFIRMACIONS

Eran as doce da noite, estaba sentado no alto da Cachena nun xeixo branco mirando as estrelas. Naquela noite vianse todas as estrelas, inda non nacera a lúa e non habia ningunha neboa.
Estábale dando voltas o maxin sobre aquela inmensidade que se albiscaba ali arriba. As veces parecia que si seguia mirando con atención poderia caerse ó espacio.
Veule a cabeza os comentários dos medios de comunicación, sobre o último libro do fisico teorico inglés Hawkins, no que o parecer afirma rotundamente que o cosmos non foi creado por Deus.
Desde sempre, as afrimacións rotundas e sen xenero de dúbida, sempre le repugnaban, sobretodo no eido da astronomia. Demasiadas veces no transcurso da história, os cientificos tuveran que rectificar aseveracións consideradas ciertas e inamovibles. E puur si muove.
Dabale voltas a maneira en, como tanto a relixión como a ciencia, as veces, puñanse pesadas coas súas teimas de estar en posesión da verdade absoluta.
Cuando estaba nesas, sentiu que o seu lado, sentábase un home, xa coñecdo por él, mais noutras circunstancias e lides.
¡Difícil cuestión !- díxole o Home do Capote Remendado, pois non era outro.-¿Non sí?
¡Si!- Respondeu ensimismado, o noso amigo.- A min gustariame que existira algo superior a nos, pois se non fora así non le atoparia sentido a todo isto.
Voute contar unha história que, fai moito tempo escoitei nunha das miñas viaxes polo mundo:
Nunha charla, tomando un café, despois de cear, nun pais do norte Africs, saiu a conversa sobre a existencia ou non dun ser creador, ou que promovera a creación, despous de opinions a favor e encontra, chegouse a un punto no que as interrogacións eran sobre a posibilidade ou non da creación e da existencia de outras formas de vida fora da terra.. Entonces un dos contertulios fixo a seguinte aseveración:
Hay mais de un mundo. O universo que vemos solo é a parte pequena dun todo que está controlado por unha intelixencia superior, que a súa vez está dentro de outro todo controlado por outra inteligencia que controla os dous todos como se fose un solo todo, e este a sua vez dentro de outro e así hasta o infinito.
Ningún deses todos e consciente dos outros, inda que controlan a perfeción o seu sen mais.
Esas inteligencias non coñecen a existencia das outras que están por enriba delas, mais sí as que estan o seu cargo. Os plantexamentos filosóficos delas son os mesmo que os nosos.
Hai quen dí que todo é un proceso hacia a perfección de toda a materia, hasta converterse todo nunha sola INTELIXENCIA.

1 comentario:

  1. ¿Será o noso planeta unha célula nun corpo que vive nun mundo que é unha célula nun corpo que vive nun mundo...? A idea da Matruzka universal ten a súa gracia e da para un montón de novelas de ciencia ficción... pero non sei eu se haberá sentido algún. Ou se haberá que buscalo.

    ResponderEliminar