domingo, 8 de agosto de 2010

OS COLAÑOS DO AVÓ





O neno, polas tardiñas, despous de que xa se meteran as vacas na corte e as acomodaran, sempre esperaba polo avó.
Esperar polo avó, para aquel rapaz, era unha das mais grandes ledicias. Cando chegaba a noite a esperaba que le contara as aventuras do dia.
Naquel dia o avó traia un fardel grande cheo de cousas que contar.Fora un dia cheo de grandes aventuras, ou eso era o que dixera o avó desde o curral.
Cando todo o texemanexe de acomodar as vacas acabou, o avó chegou a Larreira, sentouse no tallo, o lado do trafugueiro, o neno botousele enriba abrazando-o e dandole unha presada de bicos.
Aquela ceremonia repetiase invariablemente todolos dias. Ó avó puñanle a cunca de caldiño nas mans, e mentras ia comendo o neno furabao coa mirada con cara de ansiedade, pois as histórias da serra ,que le pasaban o avó. Sempre eran cousas abraiantes, masi como él as contaba.
O “introito” da ceremonia sempre empezaba da mesma maneira: O avó cando acababa o caldiño, sempre deixaba no fondo da cunca “os colaños” que le ia dando o neno, os que este gorentaba como se fose a mellor manxar do mundo.
Tamén o asunto acababa sempre igual: A nai do neno latricaba con él por non deixar descansar ó avó , o enfurrunche do rapaz, e as gargalladas do vello.
Aqueles colaños eran os que farian que o neno se fixera mozo antes de tempo.
De seguido contoulle o acaecido naquela xeira no alto da serra:
Cando o avó estaba xuntando as vacas para volver para a casa, e cando xa tiña aparellada a burra para baixar escanchado enriba dela ocorreo o seguinte:
De sútaque apareceu un lobo ruzo e casi tan grande cómo a burra, que estaba morto de fame e viña dereitiño o avó con ánimo de comelo, pois tiña unha boca grande e aberta, cheiña de dentes afiados.
Os ollos do neno eran grandísimos, tíñaos remelados e non pestanexaba, mentras escoitaba a leria do avó.
O vello pondo unha voz casi de ultratumba, que facia arrepeluzar os pelos, díxo: O lobo non sabia ben con quen se metia, ali diante tiña un avó ferreño, que tiña a forza que le pasaba o neto. Entón o avó encarouse co lobo, aproveitou que este tiña a boca aberta e meteulle a mau na boca hasta o cabo onde le enganchou o rabo e doule a volta co de dentro para fora.
O verse así o lobo botouse a correr e liscou dando brincos e uns grandes berros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario