lunes, 7 de junio de 2010

¡BURRO E APALEADO!





Esto é tan certo como que inda me acordo.
Xa vai un feixe de anos, tantos, que inda había sega de herva e seitura.
Naquel ano meu pai comprérame unha gadaña marca “Toro”, según decian os bos gadañeiros era moi boa.
Efectivamente era moi boa cando a crabuñaba meu pai, se o facia eu a cousa cambiaba un chisco.
Alguén convenceu á miña mai, e ela convenceume a min para ir unha xornada a segar para o pai daquela muller. Non foi o dia mais ledo da miña vida, pero sobrevivin.
O prado estaba en Lagoas, no que despois de camiñar, mais adiviñando o camiño que vendo-o, cheguemos. O pai da referida muller e un fillo da mesma, que daquela tería doceou trece anos. O rapaz tamén levaba gadaña, unha xa recortada, seguramente pola mesma causa que despois fixo recortar a miña.
Empecemos a segar. Liñol vai, liñol ven hasta que o sol empezou a rever os sesos. O rapaz e mais eu seguimos igual que cando non había sol, mais o vello empezou a facer as bordas, decindo que eran mais difíciles. O mellor era casualidade, mais por donde andaba habia as sombra dos carballos e dos amieiros do rigueiro.
Eu xa me mosqueei, o rapaz tamén.
Nun dos liñois que eu dei, o chegar a unha punta, tentei segar o cañoto dun rebolo que estaba escondido entre a herva. A gadaña rachou cerca do couce, uns catro centímetros de fendidura.
Acordeime de case todo o universo do vello. Collín a podadeira do rapaz, crabuñeina de novo e volta a segar.
A hora de comer, unha merenda non demasiado abundante nin apetitosa, o vello despous de uns tragos, soltou a lingua. O rapaz e mais eu comimos algo de xamón, e fartémonos de leituga con cebola.
O vello contounos que, sendo novo, estuvera nunha especie de seminário que había en Verín. O parecer tiñan un parente crego.
Estaba moi cabreado cos do seminário pois o parecer mandera-no para a casa, coa lenda que agora se leva mooito nos colexios NPA(non progresa adecuadamente).
Estaba o ex_ seminarista bufando contra o bispo e os seus adláteres, pois tiña a firme convición dunha cousa que transcribo litaralmente:
“¡Xa non digo para un pobo grande, mais inda xiquera que fose para un pobo, asi..como…como Castrelos!
Acabou o xornal aquel día, eu lisquei despois do verán, e éstas alturas, non sei se meu pai cobrou o meu xornal, e a Gadaña.
Sei que a mai de mau pai era de Castrelos.
¡Tempos aqueles, mais fodidos que os que menciona o meu amigo e paisano, Don Miguel de Saavedra, natural de Cervantes, na Sanabria!

No hay comentarios:

Publicar un comentario