viernes, 9 de abril de 2010

OFICIOS TRANSEÚNTES



Sonou, alá polas airas das Pirlas, o chifro do capador. Era tempo de capar os porcos e as porcas.
Como todolos anos, apareceu por Val dos Marcos O Paulino de Pentes.
Era este home un afamado capador, recoñecido nun radio de mais de cuarenta kilometros, con centro en Pentes.
Cada vez que aparecia pola aldea as mulleres, preparaban unha toalla limpiña, unha palangana limpiña, e auga limpiña recien traida da fonte.
Se esas cousas non estaban preparadas, o Paulino, automaticamente aparte da súa navalla de capar, sacaba a lingua a pacer, e puña-as a caer dun burrro ameazando con non capar o animal.
Os rapaces, polo menos a min, chamábame moito a atención a operación que facia para deixar estériles os xamóns e chourizos, incluindo botelos, rexóns e demais delicatessen desa maravillosa ave que non voa. ¡Se voara, menuda!
Cando o animal a capar era unha cocha, o asunto era unha operación en toda regla.
Primeiro rapaba na barriga do bicho a pel para deixala limpa, a continuación, coa navalla de capar (un bisturí) facia un corte polo que introducia o dedo indice e anular, e rebuscaba nas entrañas da porca hasta que atopaba o que buscaba, unha especie de berruga, que sacaba fora, e unha vez confirmado que aquelo era o que habia que extirpar, procedia a facelo. Neste intre era cando viña a rapidez: pedia auga, limpa da fonte, lavaba o corte, volvia a meter a resto dentro da barriga da marrana, e sen solución de continuidade, na pel púñale dous ou tres puntos, e mandaba soltar o bicho, que liscaba dalí sen esperar por mais.
Cuando o capando era macho, o asunto era distinto. A operación era un pouco mais bestia. O aasunto consistía en atarle a bolsa testicular por detrás dos testículos, e a continuación rachaba e devandita bolsa e sacaba os mesmos, lavar e deixar.
Recollía os testis, e unha vez acabada a xornada, unhas veces levábaos á casa do Caxera, e nalgunha que outra, entre él e o Pepe dábanlos a Dolores para que os fixera a plancha enriba da chapa, daquela cociña de cantería con chapa o roxo vivo.
Unha vez asados, Dolores púñaos nun prato, e mentra eles os comian ela desaparecia da cociña, chamandoles cochinos, por comer aquelo. Eu proveinos algunha vez e estaban bastante bós.
Mais tarde, aquel oficio de capador, desapareceu, pois aquelo era competencia dos Veterinários – Nos primeiros tempos, estes últimos tiveron algún problema de falta de experiencia, mais o fin impuxéronse. Era xa o fin dos oficios tradicionais daquela.
Outro dia falaremos dos afiadores, paragüeiros e demais oficios ambulantes.

1 comentario: