sábado, 6 de marzo de 2010

OS LOBOS PEREGRINAN Á FISTERRA


Nacera na serra da Teixeira. Criérase deambulando por aquelas serras, desde Tras os Montes hasta Trevinca, e desde a Culebra hasta Manzaneda.
Cando tiña tres anos, independizouse da camada familiar, é dedicouse a cazar; nos vraos polos altos serranos, e nos invernos acercandose polos vales as aldeas.
Levaba unha vida saúdable, quitando os meses de invernia nos que a comida as veces fallaba, no resto non habia problema, pois as meiriñas enchian as serras, e os cans que traian aqueles pastores eran uns bos amigos. So habia que non despertalos das súas dormidas.
Nunca quixo ter unha camada propia con outra loba. Sempre pensou que aquelo quitaba liberdade. Habia lobas dabondo que non pedian eso, e se fose necesario, de cando en vez podiase achegar a algunha cadela daquelas que traian os pastores. Cando estaban en celo non les importaba xuntarse cun lobo novo.
Nas súas andainas polas serras, as veces axuntábase con lobos de outras comarcas, e contábanse historias uns ós outros de cada zona e, outras de oidas.
Os da zona do Courel, Valdeorras e Monforte tiñan un biógrafo que deixou na escrita as súas aventuras. Claro que agora aquelo xa non ten sentido, xa non hai lareira, e o Candil xa non da lus. O historiador, tamen xa finou, era un tal Anxel Fole.
Pola zona do Barbanza tamén se falaba das aventuras dos lobos, de maneira especial pola zona do Pindo. Este monte está cerca do Fin do Mundo, cousa que todo mundo debe ver antes de morrer. Un lobo que se precie deberia ir unha vez, polo menos, na vida a cazar o Monte Facho, e ver ó santuário de San Guillermo., donde a lenda di que as mulleres machorras empreñaban deitandose nunha pedra que o cura abenzoaba mentras afoscallaban.
De tanto escoitar aquelas histórias, o noso lobo decidiu, cando xa era lobo vello (Os lobos coma os cans tein tres anos de lobos novos, tres de bos lobos e tres de lobos vellos) ir a coñecer o fin do mundo e se era o caso deixar por alí os ósos.
Polo camiño, ó ter que percorrer zonas mais civilizadas, posou por unha morea de sucesos, nos que nunca pensera.
Comeu veleno nun cacho de carne dun matadeiro, estivo quince días gomitando e con dóres de estómago.
Caeu nun lazo o saltar un valado, tivo que roer unha pata dianteira polo códabo para poder liscar. Outra tempada fodido.
Pasado Santiago de Compostela, meteu a pata cota nunha garduñeira. O tentar roela, deixou os dentes no intento, quedou polo tanto totalmente fanado cunha arnelas que xa non daban para nada.
Chegou o Finisterre e desde o Trono do alto do Facho, contemplou durante outra semana como, polas tardes-noites, o Sol se apagaba no Oceano. Chegou a escoitar algunha tarde, o chisporroteo o apagarse o Astro.
Alí non tiña que comer, pois xa é sabido que os lobos non son bós collendo peixes. De-cidiu volver o Pindo e morrer alí, no Olimpo dos deuses dun Pobo, que algún dia tivera o lobo como totem. E mais, unha raiña daquel pobo tiña de nome Luparia. Inda está o seu pazo perto de Iria Flavia.
Camiño do monte Pindo, sentiuse indisposto, xa non podia caseque camiñar. Tiña dolores forte no estómago, doianle as feridas mal curadas, e as posibilades de comer era nulas. Decidiu que o mellor era morrer.
Pola anoitecida albiscou un magote de ovellas, cuidadas por un vello e un rapaz. Tiñan dous cans daqueles que él tantas veces escorrentera.
Decidiu que alí ia deixar os ósos, aqueles axudarianno.
Arremeteu, non contra as ovellas, pois sabia que coa lá non faría nada, senón directamente contra o pastor vello. Só queria arrebuñalo, que se asustera o rapaz novo, e entre os cans e él rematarian-no.
Mordeule nunha man o vello, e xa non puxo mais resistencia, deixouse matar polos cans. Cando o rapaz le espeteou a espalladeira xa estaba casi morto.
A última imaxen que le veu as mentes foi o Castelo de Rechouso rodeado de cordeiriños..

No hay comentarios:

Publicar un comentario