viernes, 5 de marzo de 2010

LOBOS FEROS POR CEE-(CORUÑA)



Noutros tempos, aquel lobo exercera como tal. Zampábase algunha ovella de vez en cando, escorrentaba algún que outro can, e asustaba nenos e mulleres.
Nestes días pasados, o noso amigo, pasou sen solución de continuidade, de fera salvaxe a escarnio de cans ben mantidos.
Andaba, polos montes de Cee, buscando algo que tragar, sen necesidade de mascar, mais acabou morto da maneira mais ignominiosa para un fero lobo.
Acabou asasinado por dous homes ( o parecer un inda non o é, e o outro xa o fora), e dou cans ben mantidos da raza mastín.
O lobo tiña unha boca mais grande do normal, pois tiña-a toda fanada. Igualiño que un tronzador sen dentes, sen lizo e mal limado.
Parece que, según os biologos que le fixeron a autopsia, o becho teria entre dez e quince anos, os equiparables os do pastor, que tiña uns oitenta.
Era digno de ver o enfrontamento dos dous, co carrelo de vivencias de cada un o traverso dos anos.
O pobre animal xa le faltaba unha pata, seguramente recordo de algunha garduñeira, e cando le quixo ensinar os dentes o pastor, éste case se escaralla da risa, dentro daquelas fauces so habia unhas arnelas que decian que alí algunha vez houbera incisivos, caninos e molares. Estaba desdentado. Xa se sabe que a seguridade social non atende os implantes dentais.
A min o que me chama a atención é como debeu ser a mordedura que le fixo o pastor, pois parece que le furou un dedo.
Para reducir o fero lisiado, coido que era algo así como o espiritu de Millán Astray, tivo que vir un colega do vello de vinte anos con dous mastins ben gordos, que o fin asesineron o lobo coa axuda de unha grande espalladeira.(A noticia é certa, saiu na Voz de Galicia e creo que en 20 minutos), a espalladeira non estaba fanada, tiña os gallos todos.
O lobo, din que morreu dando as gracias o ceu, pois según se escoitou, decia que o que le quedaba non era vida de un fero lobo. A última vez que vira un neno, éste fixoo fuxir. Tiña mellores dentes e non estaba coxo, o neno.
Hoxe as cousas xa non son como eran. Parece que todo muta, todo se transforma mais nada se perde, según unha vella lei da Natureza.
O gran problema é cando este estado de cousas se achega o reino animal.
Un gran recordo para aqueles lobos que de vez en cando le afanaban algunha vella ovella ó Romboia ou ó Parrico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario