jueves, 11 de marzo de 2010

¡EN VAL DOS MARCOS HAI OPIO!


Rebuscando nas alacenas daquela casa, alacenas nas que, non sei porqué, so habia códices e pergaminos, nun estado bastante dificultoso de atopar pois so nos anaqueis das mentes estan, achei este pergamino que agoraquero referir.
Este pergamino estaba no anaquel codificado co número IX, da fila III, relativa as aventuras dos santos da época.
Coido que o santo, debe estar enterrado no sagrado da Igrexa, é adicado a Nosa Sñª do Rosario.
Como non teño ganas de trancribilo tal cual, pois entre outras cousas, inda está en latín, fiareime, e teredes que fiarvos da miña memoria, que as veces fai trouladas.
No Castrro da Centinela, a man esquerda según se baixa, inda quedan os restos daquel cenobio, famoso polos que foron os seus moradores, e consultores, tempo hai.
Vivian na época referida uns eremitas, adicados a contemplación, oración e flagelación do corpo, para mais honra do espiritu, e mellor entrada triunfante no paraiso.
Vivian ben, pois aparte de seren os donos da comarca, tamén tiñan por costume ameazar os aparceiros que traballaban, con mandalos o inferno. Podian ir o ceo, se no último momento se arrepentian, confesaban e deixaban as pertencias que puideran ter o devandito cenobio.
Non hai mellor cousa que vender intaxibles da outra vida e cobralos nesta.
Os penitentes cenobitas, eran donos de unha finca,¿Qué digo, unha finca?, eran donos absolutos dun lugar chamado Freixoeiro, no que aparte de freixons, tamén habia cicutas, afreixos, negrillos e unha opiácea endémica.
Era un lugar, no que adoitaban moito ir alí, pois aparte de ter muiños para moer o centeo e aas castañas, tamén agarraban algunha truta, e na época dos frutos, habia cuasi de todo.
Nunha ocasión o abade baixou alí coa idea de relaxarse e orar.Era na primavera cando o sangue está en sintonia coa savia das plantas. Na súa mellor e mais forte circulación.
Chegou o Freixoeiro, púxose a sombra dun olmo grande daqueles que medran na beira do rio, e deixou correr a súa imaxinación por todolos lugares onde ésta quixo ir.
Cantaban os ruxinois, as carrixas, e os zorzais, páxaros estes últimos que imitan todo canto escoitan.
A crónica di que quedou extasiado escoitando os páxaros e o marmurio do rio Tuela. Tamén di que cando levantou e voltou o cenobio, ali xa non existía tal, en realidade chegou a conclusión de que pasaran trescentos anos; según o autor da crónica, que era nin mais nin menos que o propio abade.
Igualiño que o Abade de Armenteira, na zona do Salnés en Pontevedra.
Cando lin aquelo, eu non puiden menos de acordarme das opiáceas que se dan na zona, e nos bós viños da zona de Vinhais que por alí circulaban.
¡Non hai mellor cousa que chutarse!
¡Cantas histórias hai destas, baixo os efectos lisérgicos!
Problema: O ceo ten que ser outra cousa!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario