martes, 16 de marzo de 2010

DIXO A PRENSA


Hai dias nos que é mellor non tentar ler a prensa, para evitar esas subidas de tensión e aceleracións do ritmo cardiaco.
Un empeza a pensar se o mundo se voltou tolo, se un é o tolo, ou se alguén por ahí pensa se o pobo espñol é subnormal. (O mellor nesto último acertan).
Vereis, esta mañá, como todas, deille un pequeno repaso a prensa. Tanto nacional como galega e doutras comunidades, e valame Deus, para que o faría, pois só conseguin un cabreo monumental. Vou ter que perder o vicio de ler a prensa e solo ler a Mortadelo e Filemón.

Primeiro titular que me chamou a atención: JUANJOSE CORTÉS FICHADO POR RAJOY COMO ASESOR PARA LA REFORMA DEL CODIGO PENAL. Meu Deus, moi faltos debemos estar de xuristas para esto, con todos os respeto para a dor dun pai que perdeu unha filla.
Contentos deben estar os pais que fixeron un sacrificio pagando os estudios de Dereito dun fillo/a, para que despois os partidos politicos fagan esto.

Segundo titular: COSPEDAL DICE QUE NO PIDE LA NULIDAD DEL CASO GÜRTEL.- ¡Outra vaca no millo!, parece que a señora Cospedal non coñece o caso Naseiro, no que tivo moito que ver o señor da invasión de Perjil. ¿A quen quere enganar?

Terceira, DIAZ FERRAN INSOLVENTE, pechanle unha empresa de seguros por precaución. Este home non dimite do seu cargo como presidente da CEOE, mais sigue a alabar a señora Aguirre, pero donando desde unha empresa en bancarrota, uns 240.000 €, a unha Fundación do PP. ¡Caralludo!.

Cuarta UN GUARDIA CIVIL IMPLICADO EN CONTRABANDO DE COCAINA, tamé é ma sorte que quen ten que detelos traficantes, en vez de eso os axude.

Quinta, BERLUSCONI, gañou 8,5 millon mais que no ano anterior. Esto demostra que a crise so afecta os mais pobres. Os ricos sexa polo motivo que sexa saen reforzados nas súas ganancias.

Sexta, O señor Baltar afrecelle os seus empregados a dedo os servicios xuridicos da Diputación de Ourense para que se querellen contra o lider dos socialistas galegos que publicou as listas dos enchufados. ¡Esto si que non ten desperdicio, inda por riba de despilfarrar os cartos públicos, trata de defender a desfeita tamén con cartos públicos!
¿Por qué carallo non di que paga do seu peto?

Non quero seguir, pois habia mais. So unha consideración: ¿Para qué sirven as Diputacións?.

No hay comentarios:

Publicar un comentario