lunes, 1 de marzo de 2010

¡ A ACTITUDE É IMPORTANTE!


Eran tempos bastante románticos aqueles, mais cós de agora. Estábamos a finais dos anos sesenta do século pasado.
Daquela ETA, ainda non era o que é. Entre outras cousas, tiñan a simpatía de moita xente. Facian cousas que os demais non éramos quén de facer. Pelexar contra a ditadura, daquela era unha cousa, cando menos, romántica.
Eu coñecera, estando na “mili”, a dous ou tres vascos. Eran da mesma pandilla e levabamosnos moi ben. Un deles, nunha ocasión, contounos as súas simpatías polo movimento etarra. ¡Aquelo non tiña nada que ver, co que mais tarde pasou a ser!.
Andando eu camiño de Bilbao, e sen saber como nin por qué, perdinme no medio dun monte cunhna forndosa arboreda , prados verdes, caseríos solitarios e aillados todo dun verde moi especial.
Daba tumbos dun lado para outro tentando sair daquel lugar, mais non o conseguia.
Unhas veces atopábame con paisanos que me coñecian e convidabanme a pasar con eles uns días.
Noutras ocasións encontrábame con compañeiros que fixeran o servicio militar conmigo, e, ¡mais do mesmo!.
Outra vez atopeime co meu amigo Alberto Aguirre I… Este, cando estabamos a punto de licenciarnos, pillouno a “vigilancia de noite”, por sair a bailar nas festas do lugar, e meteron-no no calabozo durante tres meses.
Cuando o resto se licenciou, él quedou dous meses mais convidado polo capita´n xeral da cuarta rexi´n militar. Coido que aquela putada non la perdoou nunca ó cabo de Vixiancia.
Non sei si algunha vez se atoparan, como le andaría a pelexa aquel “capullo”, se eso ocorrera seria digno de ver.
Por fin chegou o momento de abandoar aqueles fermosos lugares, e aquela acolledora xente, e despois de despedirme, iniciei o camiño hacia o Bocho polo camiño do medio do bosque que me amoseron.
Cando levaba un par de horas camiñando, nunha revolta do camiño, vinme rodeado por mais de unha dúcia de soldados, baixo o mando dun “teniente”; deronme o alto, e encañonaronme, como se fose un terrible bandido.
Despois de cachearme, e mirar a miña documentación, deixéronme tranquilo, decindome que desaparecera dalí o mais axiña.
Co nerviosismo desvieime do camiño e metinme por unha ladeira pola que queria chegar a unha estrada que se vía no fondo.
Pola zona que baixaba, unha fraga de alisos con algún que outro acivro aiqui e alí, e cun manto debaixo dos mesmos de afetos que me daban polos xeonllos. De súpeto apareceu un mocetón, con cara mais de susto que de outra cousa.
Levaba un pistolón a cinta e intentou botar man dela, mais eu anticipandome metín a mau no bolso de atrás do meu pantalón e con voz enérxica, dixenlle que eu tamén estaba armado, é que non fíxera tolerias, que en definitiva eu non tiña nada contra él.
Desistiu e decindome que era un gudari, preguntoume se vira soldados.Dixenle que si, e donde quederan. En todo o tempo non saquei a mau do bolso traseiro, hasta que o perdin de vista. Entonces saquei aquelo que tiña agarrado no peto, que era nin mais nin menos que un peine. Eso sí, un peine sen dentes.
Cando empezaba a escachar coa risa, despertoume o meu primo Santos. Aquela noite durmíramos na mesma habitación, na súa casa de Algorta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario