domingo, 7 de febrero de 2010

A TECEDEIRA (FIN)

Agocheime nas ruinas do muiño que está mais abaixo do pobo , que xa daquela estaba nedio derruido,é a partires da escurecida acerqueime a miña casa.
Antes de ir á casa acerqueime o tear, cousa que me daba algo de tranquilidade,pois desde alí albiscaba os movimentos da aldea.
O chegar cerca do tear vi que habia bastante xente arredor do mesmo. Estaba por alí o xefe local da falanxe, e dous ou tres mai que non coñecía.
No via moi ben, pois o non poder acercarme, é coa luz dos faroles que tiñan non distinguia ben.
Vin como se abria a porta do tear, é entre catro homes sacaban unha caixa de morto, e saía de tras o médico con cara de poucos amigos, agarrado por un brazo por un home vestido de militar. Tiven a impresión de que non estaba alí de bon grado.
O militar en voz alta dixolle a todos: “No se pudo hacer nada por su vida”.
Non soupe que pensar nin que facer, alí corria perigo é tomei a determinación de marchar uns dias a casade un amigo portugues, é tentar enterarme de todo.
Dirixinme a raia é como era tan tarde, tiven que dormir no monte. Cheguei a unha casa na que os seus donos gardaban a vacas no vrao. Estaba xa a menos de tres kilómetros do primeiro pobo portugues, donde tamén tiña amigos-
Pasei alí a noite é antes de arraiar o sol xa estaba na primeira aldea portuguesa, esperando no tendello do meu amigo para falar con él.
Cando xa habia movimento dentro da casa, subin as escaleiras e chamei, na porta. Saiu a muller, que o coñecerme fíxome entrar e pechou a porta detrás. Veu o seu marido e contoume que xa sabian dos problemas que tíñamos. Un dos fuxidos que estiveran na miña casa pasara por alí camiño de Oporto, e contárale que fora o único que puidera sair da miña casa.Os outro quederan detidos polos carabineros. Como non tiñan donde metelos encerreronos no tear.
Esto era o que él sabia. Díxome que tiña que marchar dalí pronto pois os guardas portugueses estaban avisados por si aparecía por alí. Que quedara todo o dia escondido na casa, e pola noite acompañariame hasta pasar o monte Coroa, donde un amigo común me acompañaria hasta Viñais.
Levaba unha semana na casa do meu benefactor, en Viñais, cuando me enterei do que pasara naquel día, mellor dito noite, que non puiden entrar na miña casa que é esta mesma onde estamos agora ti e mais eu.
Aquela trade-noite, dous dos falangistas, colleran a xusticia pola man é mataron os dous detidos no tear, o sentir os tiros a miña dona foi correndo é atopouse coa desfeita. Enfrontouse os dous asesinos, os que despois de abusar dela tamén a asesineron. Chameron a un médico co ánimo de que certifiquera o que non fora, mais este negouse, polo que estivo a punto de seguir os pasos dos outros.
Pasaron uns anos, nos que mandei, dacordo cun irman do meu protector que estaba no Brasil ó que lle mandaba cartas dentro de outras para a miña dona , como se eu estivera en Sao Paulo.
Despois deste tempo funme acercando a zona, e aqueles dóus fillos de puta, tiven a oportunidade de facerles pagar o que fixeran ainda que pondome eu a súa altura”.
Aiqui acabou o relato do meu interlocutor, que acabaou decindo que, para que non se meteran con él cando volveu a aldea, fixérase para por medio louco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario