martes, 2 de febrero de 2010

SOÑOS



Aquel riu era tremendo é desconcertante. Eu xa estaba na outra bórda. En realidade noN sabÍa como cheguéra alí. Solo sabia que o pasar sobre aquelas augas, a pesar de que eran turbulentas, caudalosas e dunha profundiade moi grande, nunca tivera a sensación de perigo ó traspasalas. Outra caracteristica era a cristalinidade das mesmas, si te fixabas nelas solo notabas a profundidade, é no fondo os distitos peixes, víanse como se ó que tiñan enriba, en vez auga fose aire.
Outra caracteristica era a tranquilidade que transmitian, é ainda que era a primeira vez que via o rio e aquel curso inmenso de auga, tiña a sensación de que me era todo moi familiar é sobre todo moi agradable.
Os peixes que se vian no medio das augas, eran de todolos tamaños, e mesmo parecia que todo o seu afán era xogar uns cos outros para que eu os vira.
Unha vez traspasado o riu, encontreime nunha especie de veiga de prados, puxantes con un manto de herba de cor verde, e con unas grandes árbores totalmente descoñecidas para min. Eso sí, a vista eran algo así como moi amables.
No fondo do val, alí donde escomenzaba unha costa larga e pouco pronunciada, habia xente.
Acerqueime hacia aquel lugar, donde estaba aquela xente, aparentemente atareada en distintas faenas no cultivo de productos agricolas.
Habia camiños moi ben cuidados, con valados a ambolos lados, e as fincas todas estaban nun nivel un pouco mais alto que os camiños.
Dentro das fincas todo era exuberante e apacible. A xente mirabame desde os lugares nos que estaban cun sorriso nos beizos.
De pronto tiven a sensación de que toda aquela xente xa me coñecia, ainda que eu a eles non. Practicamente non tiña tempo nin para pensar en nada, pois todo se me ia en admirar todo aquelo, as casas, os xardins, as hortas cheas de frutales, cereales, leguminosas, en fin todo tipo de productos que un se puidera imaxinar.
Eu ia seguino o camiño, sen tentar entrar naquelas parcelas onde estaban os habitantes da comarca. O fondo detrás da zona pola que eu xa pasara, albiscábase o riu, ainda que so a ribeira, señalada coas bonitas árbores que o separaban do resto.
Pasaba por diante da xente que me miraba como a un amigo. O chegar a un punto, onde o camiño se bifurcaba, dudei por onde seguir, e mirando para un grupo daquelas persoas que estaban mais perto de min deime conta que me decian, sen falarme, que torcera no rouso a esquerda.
Fiquei marabillado, pois decateime de que podia falar con eles sen decir palabra. Mellor dito eu percibia o que pensaban eles, e decatábame de que eles formaban parte do meu pensamento. A sensación era como se, tanto os pensamentos como o que percibia a vista e os oidos, en definitiva os sentidos de cada un foran unha mesma cousa
Era algo así como se todo fose unha mesma consciencia, percibida por distintos seres, pero que en difinitiva todo era a mesma cousa. Un ser con distintas manifestacións.
De repente tiven a sensación de formar parte daquelo todo, o mesmo tempo que todo formaba parte de min. Era como unha borracheira onde xa non sabes se estás no chan ou no teito, se estás de pé ou horizontal, se flotas ou voas se nadas ou saltas, e máis como, se todo o imaxinable o estiveras facendo ó mesmo tempo.
Cando sentín que o todo me absorbia, é que eu facia o mesmo co todo, cuando xa casi perdia a consciencia de min, e a borracheira crecia, espertei.

No hay comentarios:

Publicar un comentario