domingo, 14 de febrero de 2010

A MELLOR MANEIRA DE DEFENDERSE


Esta é unha história real como a vida mesma. E unha história que axuda ós rapaces e rapazas a defenderse dos mais grandes que algunha vez tentan abusar dos mais pequenos.
Nunha ocasión alá polas terras de Val dos Marcos, na época na que eu levaba uns catro ou cinco anos coñecendo o Planeta Terra, un dos rapazotes daqueles que xa empezaban, a “empollinar” copiandole a verba a Don Miguel Delibes, amiazoume con darme unha lavazadas, e amosoume “uns puños asi de gordos”.
Entre outras consideracións “acongojeime”, porque estaban a xogar diante do Frono D´Arriba, o “ parado io collido”.
Naquel xogo, cando se ropía a cadeneta” repartian lavazadas, cada quen o mais forte que podia. Un dos mais grandes atizoule un zorreagazo no lombo o Gerásimo que o deixou espatarrado no chan e case sen alento.
Como le chamei animal, agarroume polos colares, e púxome un enorme puño diante aplastandome as napias.
Lisquei para a casa moi pero que moi “acongojado”.
Cuando cheguei o curral, estaba mei pai alí traballando. Entonces enchendome de razóns, dixenle que me tiña que ensinar a zorregarle os mais grandes.
Entonces meu pai, sen deixar de zepillar a madeira, díxome como tiña que facer.
“Mira, cando se meta algún contigo, o primeiro que tes que facer é darle un puñetazo nun ollo, e mentras escofa aquel dasle no outro. Entonces como non vei, xa le podes dar todas as que queiras”
Entoces, despois de que eu recapacitei algo, dixenle: Si, si..mais son mais grandes e tein maiz forcia ca min, e non se deixarán.
A esta obxeción miña, meu pai doume a solución: Entonces terás que recurrir a ameaza.
Cuando sexa o momento tu ameaza o contrincante decindole : Quitate do medio se non queres que te encha os dedos de cara.
Menos mal que non o puxen nunca en práctica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario