sábado, 13 de febrero de 2010

BAILES NAS AIRAS


Habia baile na aira do forno. Alí estaba o amigo Luis, desgranando notas a través do punteiro, despois de haber afinado o ronco como mandaban os cánones.
O tambor estbao tocando o Agsutin da tia Cecilia, pois tampouco o facia mal, repenicaba que engaiolaba escoitalo.
O bombo era cousa do Silverio. Tiña un grande sentido do ritmo, nunca se trabucaba, e os gaiteiros agradecian que fose él quen tocara aquel instrumento.
Entre baile e baile, mentras o gaiteiro mollaba a palleta, o tamborileiro e o do bombo fumaban un cigarriño, as mozas en corro comentaban as súas cousas, e os mozoa facian o parvo por calquer curruncho, o amigo Miguel da tia Aurora, posto de pé sobre a parede da aira que a separa da Ascoira ou da Costa, cousa que non teño demasiado clara, cantaba a voz en berro e mirando para a Veiguiña, unha cantiga que daquela estaba en boga: Santander. Era unha melodia cantada por un cantador de boleros que daquela estaba na cresta da ola, chamado Jorge Sepúlveda.
Creo que aquelo era unha premonición do que ía a ser mais tarde a vida de todos aqueles que estábamos alí, pois a nostalxia que desprendía so podia predecir eso.
Cando as mozas arrameron o baile, liscando para a casa, á señal dalgunha das mais que por alí foran chegando a última hora, os mozos que daquela nos chamaban así, xuntémonos arredor dunha mesa do café do nunca ben ponderado ti Toño Caxera, para acabar de decidir qué música iamos a contratar para o San Cibrao.
Hai que decir que, daquela, a música contrataban-na e pagabana tamén os mozos. As casas donde non os habia no tiñan a obriga de pagar, podian dar algo se querian, mais normalmente nunca querian. (Unha vez o Pepe da Cancela dou dez céntimos, o que non o crea que le pregunte o Jaime). ¡Encima cachondeo!.
Daquela tratábase de traer a primeira orquesta con vocalista e altoparlantes. Xa falei eiqui algo desto.
O aasunto era que despois de facer as contas, para saber a canto tocábamos cada un, saiu unha cantidade redonda: cincuenta duros por barba, ou o que era o mesmo; dúascentas cincuenta pesetas.
Eiqui foi a de Deus é Cristo, pois aquela cantidade era unha barbaridade para a época. Xa era fodido para a casa donde houbera un so mozo, mais naquelas que habia mais de un, o asunto era moito mais negro.
Pensade que o xornal ia por aquela a cincuenta pesetas. Quere decir que para poder pagar a música, habia que dar cinco xornais, mais o problema estaba en ter a oportunidade de ter medio xornal, e quen o pagara era outro.
Alí non habia quen gañera un chavo, todo tiña que sair do peto dos pais. Nas casas dos pais pasaba outro tanto. ¡ A ver quén era o guapo que les pedia!.
Entonces, colleu a palabra o amigo Miguel,(eles eran dous a apoquinar), e dixo coaquela retranca que ainda o caracteriza : “ Conmigo non conteis, eses dias irei coa res, e mentras hai baile nas airas, eu estarei no alto da Ladeira desde donde se vei o baile. Non se escoita a música e da o mesmo como se baile. Bailarei eu solo, e dareime conta da estupidez que é ver bailar sen música”.
Hai que decir que as mozas tamén tiñan que pagar, ainda que eso sí a metada dos mozos.
Nunca entendin o porqué, pois normalmente bailaban sempre, cousa que os mozos non podian facer, pois eramos dous ou tres mais que elas.
O fin houbo festa,vocalista, e o Miguel non foi coa res.

No hay comentarios:

Publicar un comentario