viernes, 12 de febrero de 2010

ASILO PARA O GALEGO.


En dias pasados, e ainda non lonxanos, foi nomeado Presidente da Real Academia Galega da Lingua, o escritor Académico e Mestre Don Xosé Lois Mendez Ferrin.
Naceu este home, en Ourense, terra de grandes caciques e clérigos que tamén exercian do mesmo, mais este home elexiu o camiño da defensa da Galicia, tamén a través da Ligua Galega.
Hoxe, parece que non son bós tempos para a fala dos nosos antepasados. Digo nosos desde a perspectiva da antiga Galaecia romana, cuxos límites non son os de agora.
Precisamente, por non ser bos tempos para a fala dos nosos antergos, é polo que eu dende eiqui, quero ofrecer toda a influencia da República Independente de Val doMarcos, tanto a Mendez Ferrín como a aqueles académicos, que , por se é ou non é o chegan a necesitar, por avatares xa pasados, mais que o mellor resucitan.
Como todo mundo sabe, a Republica Independente de Val dos Marcos, esta situada xeográficamente, en zona de nadie, desde sempre. Unhas veces, dominados por o Reino de Galicia, outras polo de León e tamén de cando en vez polo de Portugal.
Daqueles tempos, quedou nos nosos terrenos un Marco: O MARCO DOS TRES REINOS.
Como é sabido, e se non se sabe conto-o agora mesmo, esta R.I.D.V.M vai un tempo que se declarou soberana, e despois de ter un plan para invadir territórios mais alá do Mare Tenebrosum, que desbotou por falta de produción de castañas para a mantenza dos territórios conquistados, deixou estar as cousas como eran. So cunha diferencia acentuada, o idioma dos antergos, uns poucos selectos ciudadanos, queremolo conservar e defender, a pesar dos “finos”, que o consideran algo burdo. Non saben que, tanto o galego como o idioma que eles falan é o mesmo, radicalmente.Que Zeus les perdoe.
Por eso, desde agora, se algunha vez os infelices que dirixen os designios da antiga terra de Breogan, non vos deixa seguir pulindo e traballando a primeira lingua, ou polo menos a lingua daquel Rei que chamaban ó Sabio, quero dende aiqui, como copresidente da R.I.D.V.M., donde falamos, falémos e falaremos o idioma de Rosalia, Pondal, Curros e tantos outros, ofrecemosvos asilo linguistico neste pequeno recuncho.
Eiqui non falaremos ben o idioma, non somos quen de normativizalo, nin tampouco de polo na escrita correctamente dacordo cos cánons, mais o que sí garantímos é que nadie nos vai decir, mellor dito, impor, como debemos falalo, pero o que sí garantizamos, precisamente por a nosa independencia, é que sempre o falaremos.
Todos os falantes de galego de boa fé, e que pensen que un idioma é unha seña de identidade de un pobo, sempre terán un oco entre nos.
Tamén terán bullós, e o cariño de todos nós. É o que temos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario