domingo, 3 de enero de 2010

A TECEDEIRA (III)


………………..Despous daquelo, quedemos o señor maior e mais eu, en vernos na súa casa pola tarde-noite, donde me contaria a historia que sucedera uns setenta anos atrás.
Díxome que non la contara nunca a nadie, mais que ó haber visto eu, á súa dona na beira do rio, pois a él non le cabia dúbida ningunha, era unha boa sinal para él, e seguro que para ela tamén.
Pola tarde-noite, arredor da lareira, no escano que a rodea, coa mesa baixada, uns torreznos asados e un bon xarro de viño, na propia casa do Señor Mayor, escomenzou a relatarme unha história ocurrida setenta anos atrás.

“”Estábase a construir a via do tren entre Sanabria e Ourense. Moitos de nos traballábamos nela, por aiqui era a única maneira de levar uns poucos pesos á casa, pois como xa terás observado, a Terra aiqui non dá moito de sí. Catro patacas, unhas minas de centeo, caseque xustas para poder manter a semente do seguinte ano, escaldeirar os prados no inverno e segalos no vrao, para poder ir subsistindo.
A chegada das obras nun principio foi como unha loteria para moitos, ainda que mais tarde foi un inferno para outros.
Eu era “panadero”, é no poblado chamado o “Campamento de Santa Barbara” en Requeixo, a empresa puxo unha panaderia na que traballábamos oito persoas, todos das aldeas dos arredores.
O Campamento, era unha especie de “ciudad”, pois daquela tiña case de todo, cando por a zona inda non habia electricidade, no poblado xa a tiñan. Como nota curiosa direite que, ó pobo de Requeixo, a empresa que facia o tramo da via, ofreceulle poñer electricidade no mesmo, mais o alcalde rexeitouna decindo que era malo para as vacas, pois seguro que se espantaban.
Como sabrás, naquela obra e naquel tempo, parte dos traballadores, eran presos politícos que loiteran a favor da República. Estaban alí a forza e vixiados por efecivos dos carabineros, que tamén tiñan cuartel no campamento.
Houbo unha “revolta” no campamento é alguns dos presos conseguiron esconderse nos montes da zona. Naquel fin de semana, que eu podia ir a miña casa, cando xa estaba cerca deste pobo, ó que chegaba andando pola serra, encontreime con tres homes dos fuxidos. Eles coñecianmme a min ainda que eu so coñecia a un. Dixeronme se les podía proporcionar algo de comida, pois desde o dia que se tiraran ó monte non volveran a comer nada.
Dixenles que sí, que viñeran conmigo hasta cerca da miña aldea, é que xa veria como facer para esondelos unha tempada, hasta que o ruido da fuxida se fose olvidando.
Quederon ahí enriba, nese castro que seguro que xa viches, é pola noite troúxenos hasta aiqui, ó tear da miña dona, que daquela consideremos que era un sitio seguro.
Polas noites, entraban na casa é a dona dáballes de comer, estaban ó lume, é pola madrugada volvian aiqui, donde se agochaban.
Eu mentras tanto, volví o meu traballo como padeiro, no campamento, traballando e facendo unha vida como antes do acaecido. No traballo do forno, daquela faltou para sempre un compañeiro que era do axuntamento de Hermisende, creo que dunha aldea chamada A Teixeira, que pasado ó tempo entereime que fora acusado de “roxo”, levado a Zamora, e morto nos famosos “paseos”.
No fin de semana que me tocaba ir a miña casa, no alto da serra esperábame un rapaz sobriño da miña dona que me dixo, que non debia ir a casa, pois estaba chea de carabineros,é que atoparan ós homes que estaban no tear.
Dixenlle o rapaz que volvera para a aldea, que eu liscaba para Portugal. So foi unha excusa para que ó neno, se o interrogaban, dixera aquelo. Eu tiña idea de acercarme pola noite…..”

No hay comentarios:

Publicar un comentario