viernes, 1 de enero de 2010

A TECEDEIRA (II)


……..As once é media métome na cama e durante un par de horas tento de ler nun libro que me presteron na casa de turismo rural, sen conseguir pasar das dúas primeiras follas. As miñas mentes non paraban. Solo pensaban na “espantada” dos veciños na cantina.
Quedo medio adormilado, e a medida que me vai collendo o sono empezan a mesturárseme imáxes, da casa das silvas, do vello, as vellas tapandose a cabeza e santiguandose, como se o mesmo Lucifer, houbera pasado pola cantina. Empezo a soñar cos arredores da aldea,non teñen neve, está todo frorido, os prados reventan coa herva verde, e na beira do riu hai unha fermosa moza loira, con cara alegre, está a mirar para min cun sorriso nos beizos, cando me acerco a ela torce o xesto é desaparece no riu.
Cuando despertei, xa eran as nove da mañá, tiña tempo para tomar un café de xexún e sair a conversar co señor vello.
Atallei o home vello a medio camiño da casa abandoada. Él saíra un pouco mais cedo ca min, e tiven que apretar o paso para atallalo, levaba un tapabocas que o embrullaba de cintura para arriba, e o verme chegar dixome:
- Non ven vostede vestido para aturar este frio- é decindo eso sacouse a pelliza que levaba debaixo do tapabocas, ofreceumo, decindo. _Teña, póñase esto que boa falta le fará.
Obedecinlle e seguino. Parecia mentira que aquel home puidera camiñar tan depresa como o facia, pesia os anos que xa debia ter.
Cando cheguemos a casa-silveira, deu un rodeo á mesma, é pola parte do oeste, descubrin unha porta debaixo das follas de uns acebros que a cubrian casi totalmente.
Sacou do peto unha chave de uns vinte centímetros de longa, cunha argola ovalada, e na outra punta os enganches para facer correr o carabello.
Despechou, e abriu a porta, non sen esforzo, pois a porta xiraba sobre unha porca de pedra, e o gozne era de carballo de uns dez centímetros de diámetro. Estaba feita de tablóns de carballo beliño. Estes tablóns tiñan un par de metros de longos por cuarenta centímetros de anchos e un grosor de sete ou oito de espesor, polo que o seu peso debía ser considerable. Notábase que aquela porta tiña unha apertura frecuente, é víase que inda estaba ben axustada.
A miña sorpresa foi bastante forte, pois, o rebasar o dintel da porta, atopeime de bruces cun tear manual, daqueles de principios do século pasado.
Non sei por qué, de súpeto, recordei o ruido que escoitera o dia de antes, ruido que tanto se me asemellera o funcionamento do tear.
O vello acercouse a min é díxome:
- Este é o tear onde traballaba a miña compañeira. Está igualiño que estaba o día que a materon. Si se fixa, na urdime que está no tear, hai unha pegada de sangue. Eu veño aiqui todolos días a deixar as miñas oracións. Eso mantenme inda con vida.
Estaba eu mirando a aquel home, e descubrin unha dor moi grande no seu ollar. Era o único sinal.
Eu estaba abraiado co visto é co escoitado. Sacoume do meu ensimismamento o forte aleteo de unha leituza, que cun pequeno gruñido, saiu voando por enriba de nos, pola porta aberta. Desapareceu na beiriña do rio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario