martes, 12 de enero de 2010

¡INSPECIONADE OS ZAMANCOS!



Esto de escribir, inda que sean chorradas, ten un punto de mistério. As veces, tes tempo para facelo e non se te ocurre nada, e outras acumúlasete o choio.
Teño os bolsos da roupa chea de anotacións, nunha gran vairiedade de papeles, serville-
tas, sobres, papeles dos bancos, etc., inda no se dou o caso de facelo en papel hixiénico. Todo se andará.
A sorte para todos aqueles que leen as miñas chorradas, é que moitos de eses papeles van a lavadora, ou siguen peores camiños. Perdense, olvidaseme o tema é adios moi boas.
Hoxe acordeime de unha anécdota dun home da Teixeira, pai do mellor amigo que tiven e teño, ainda que xa vai un montón de anos que non nos vemos.
Este home, do que non darei o nome un pouco por respeto, pois o que importa e o asunto é non quen o protagonizou, nacera prácticamente co século pasado, polo que podemos decir sen moito fallo que a ación ocurreu polos anos vinte do mencionado século.
Parece ser, que o noso home tiña o que hoxe se chama “un rollito” cunha muller.
De cando en vez, pola noite íale facer unha visita.
Normalmente a enamorada adoitaba deixar a fiestra sen polo pestillo, enton él acedia a mesma a través do louxado doutra casa mais baixa, e introduciase a quentarle os pés.
Nunha ocasión, sen previo negociado coa namorada, subiu o louxado veciño coa idea de introducirse dentro.
¡Oh sorpresa!, no alfeizar da ventana había un par de zamancos, que o seu dono seguramente deixera alí para non facer ruido.
¡Carafio!, pensou o noso amigo, parece que hai alguén mais que le quenta os pés.
Estivo tentado de liscar levandose os zamancos, mais pensouno mellor, e co ánimo de recoñecer o contrincante, tomou a decisión de, cunha pedra afiada, facerle unhas raias nos zocos.
Marchouse coa estufa quente, pois aquela noite non a ia descargar quentandole nada a ninguén.
O dia seguinte era Domingo. Como en todas as aldeas da zona, sempre despois da misa na praza da fonte reunianse os homes a falar das necesidades de arreglar algún camiño, traer algunha auga, ou escoitar algunha monserga do pedáneo enviada desde o Axuntamento.
Mentras durou o intercambio de pareceres do persoal, o home da nosa história, dedicouse a inspecionar todolos zamancos.
Pasaba de uns a outros, con certo disimulo, hasta que chegou a un home que tiña calzados os zocos coas raias que él fixera.
Entón puxose a carón del, e mirandole ós ollos fixamente, díxole:
¡CON QUE SÍ, EH, ERAS TI O DAS RAIÑAS!

Esta história escoiteila varias veces a meu tiu Miguel, pai do meu primo Santos.

2 comentarios:

  1. Creo que xa oíra esta historia do das raíñas. Despois din da liberación da muller como asunto recente. A protagonista xa era, naqueles tempos, abondo liberal. Claro que, ás escuras, igual pensou que era o seu visitante habitual.

    ResponderEliminar
  2. Supoño que si o escoitarias, pois meu pai tamen a contaba.

    ResponderEliminar