viernes, 22 de enero de 2010

COUSAS DA MILI


Hoxe acabo de ler unha nova que dí que na Coruña deslocalizaron unha estatua de Millán Astray, da praza do mesmo nome.
Bueno, non vou falar da convenencia ou non de tal cousa, nin tanxiquera dunha especie de pantasma que participara na guerra incivil do 36.
Deste personaxe direi que foi, practicamente o fundador da Lexión, ainda que quén promocionou a idea foi José Villalba Riquelme a sazón Ministro da Guerra.
Tamén direi que se casou con Elvira Gutierrez, comentandose que, cuando estiveron casados ela díxolle que fixera votos de castidad “in aeternis”. Cousa que no sei se foi veridica ou non.De todas maneiras, para aépoca estaba moi ben esa “estoicidade” tanto por unha parte como pola outra.
A raiz de todo esto veume a cabeza un recordo da miña época como militar, na cidade militar de Jaca, alá polos sesenta do século pasado.
Vereis:
Un dia tocoume “vixilancia” pola cidade, o que mais tarde se chamaria policia militar, e que agora creo que non existe.
Cuando le tocaba este tipo de servicio a calquera de nos, aproveitábamos a ocasión para ver algunha pelicula, pois tiñamos entrada libre en calquer cinematografo.
A escuadra que me acompañaba, non era menos, é a última hora da tarde, entremos non local donde proxectaban o filme “Lo que el viento se llevó”
Aquela “peli”,creo que te tiña entretido drante unhas catro horas. Claro que ver a Clark Gable, Vivian Leight, ou Maureen Ohara, era unha delicia daquela.
Acabou a proxeción arredor das dúas da madrugada. O cuartel quedaba a uns dous ou tres kilómetros do centro e saímos fungados para chegar pronto. O virar nunha esquina, démonos de bruces cun militar que levaba as insignias de Xeneral. Saludeino e deille as “novedades”, ó que él contestou, é acercandose a min díxome:¡ mande los soldados al cuartel y acompáñeme a la Ciudadela ¡
Polo camiño deime conta de que estaba acompañando, caseque, a metade dun corpo human. Faltáballe un brazo, un ollo, andaba cunha coxeira bastante pronunciada, mais eso sí, estaba delgado e non sei se áxil. O que notei foi que non pesaba demasiado, pous nos tropezons e resbalons que tivo, o axudalo a non caer, non tiven moito esforzo por mantelo en pé.
O chegar o “cuerpo de guardia”, eu levaba unha duda; ¿abririannos o portalón?. O estar cerca o xeneral dixo: Llame al centinela y dígale que estamos aquí. ¡Espere, espere, no recuerdo el santo y seña!. Eu xa chamera naqueles timbres que tiñan no portalón.
Cuando chegou o centinela, como non recordaba o xeneral o santo e seña, identifiqueime como o cabo da vixilancia, cunha urxencia. O centinela abriu o portal, mais mentras esperabamos que avisara o xefe da guarda, o Xeneral tirou para adiante, o centinela tento detelo, mais o recoñecelo non soubo que facer. Ficou quedo, o Xeneral entrou decindome que o acompañara as depencias, nin no corpo de garda parou.
Axudeino a chegar a súa habitación e cando me deixou saín.
No corpo de garda estaba o xefe da mesma esperandome, coa idea de abroncarme pola maneira na que entrera o Xeneral. Cousa que solventei decindole que se queria, eu daba parte por escrito da incidencia, e da sua protesta, evidentemente con copia o Xefe de Dia, o Coronel do meu Reximento, é a propia oficina do Gobernador Militar da Plaza.
O Brigada de Guardia, mirou para min, e dixo: ¡Creo que es hora de que te acuestes, ya es tarde!
Tan certo como que o Xeneral tiña por nome Buenaventura H. M., é tamén era da Coruña como Millán Astray.

No hay comentarios:

Publicar un comentario