martes, 8 de diciembre de 2009

FÍXOA ÉL, É CASE O MATA



Tiña unha escopeta do dezaseis, dun solo cano de perrillo as vistas. As caxas xa las botera él, feitas dun cacho de raiz de nogueira.
Estaba orgulloso da espingarda, sobre todo da culata, pois fixera-a él. Era a primeira que facia é quedoule bordada.
Tivera que reparar tamén a maquinaria da percusión, que tamén estaba escarallada. En realidade, cando atopou o cano da espingarda, non maxinou que a poderia arreglar.
Foi cando le axustera a casa a aquela muller viuva, para louxala de novo e poñerle tamén un novo piso, pois o que tiña podia deixar a súa propietaria espatarrada no medio da corte dos porcos.
Debaixo do piso, de vellas tablas de castañeiro, o lado dun pontón, estaba a escopeta nunha caixa xa medio apodrecida xunto coa culata, que tamén apodrecera.Cando a atopou non lle deu demasida importancia, díxolo a dona, a cual sen pensalo mais dixolle que se quedara co achádego. Guardouno todo nunha saca vella, procurando non perder ningun daqueles ferriños que se ian soltado da madeira..
Pasado un tempo atopou un cacho de madeira de nogueira, concretamente, un raigoto o sufientemente grande para unhas caixas ou culatas como tamén se chaman. Inda le sobrou un cacho para o guardamontes.
Quedou contento de arreglar aquela vella escopeta, que entre outras cousas, parecia que tiña o canon bastante especial; era de aceiro “martelado”, é o parecer fora feita en Belxica, que era o único que se descifraba no mesmo canon.
Experimentouna unha mañá de finais de primaveira, a usma, pola banda do Carballal, apandando un par de gazapos, e comprobando que o traballo fora bó a pesar de ser a primeira culata que facía.
Era arredor do ano mil novecentos trinta, cando o Pepe do ti Antoño, se fixera prácticamente a súa espingarda.
Nunha ocasión foi ó monte e levou consigo o seu “ferriño” de facer fogo. Mentras facia un traballo, que agora non ven ó caso, e para evitar que se vira, escondeu a escopeta no medio de unha urz “readega”.
Cando acabou a tarefa foi a coller a escopeta coa idea de cazar algún coello camiño de casa. Chegouse o escondedallo e de maneira bastante irreflexiva, colleu a arma pola punta do canón e tirou dela para sacala da urz.
¡Zas!, sonou un disparo e o Pepe sentiu como se un ferro ó roxo vivo, le percorrera desde a man hasta o códabo, todo pola parte interna do brazo esquerdo. Se o cano estivera un centímetro mais inclinado hacia o seu corpo, este que agora escrebe non o faría, pois a chumbada houbérasele incrustado no corazón. Como xa adivinarías o actor era meu pai.
Inda recordo, cuando era eu un cativo con cinco ou sei anos, que as veces aflorabanle na pel do brazo algún que outro chumbo, que ó facia sair como se espachurrera un “grano”.
O parecer a desfeita cureronla ás súas tías, que inda vivian, é púxeronle unha cataplasma de hervas das que daquela decian que curaban as feridas. Menos mal que apareceu por alí un médico que le mirou o desgarro, e preguntou que era aquelo que le puxeran enriba, ó que as mulleres responderon que era unha cataplasma de ceruda, mendrasta, e outras, ó que o galeno respostou: “ arriba con ello, todo eso es una marranada y una porqueria” e pondo maus a obra arrancou todo facendole ver as estrelas ó Pepe, que supuxo que coa cataplasma tamén debeu de marchar algún cacho de carne.
¡ A quén se le ocurre coller unha escopeta cargada, polo canon!

No hay comentarios:

Publicar un comentario