viernes, 18 de diciembre de 2009

EMPEZANDO A VOAR EN BARNA.



Asentamento, xa de maneira independiente en Barcelona. Recalo nunha pensión, que en primeiro lugar escollín porque me faleron mal dela. ¡Hai moito roxo ahí, e podes ter problemas!.
Gustoume o sonido do consello, é decidin seguilo ó pé da letra, mais a “senso contrário”.
Nesta pensión a cousa era moito mais liberal. Pagabas a cama e o xexún, podias comer cando quixeras. A comida era a parte, e pagabala se a facias.
A pensión, efectivamente era un pouco “roxilla”, todo o que deixaba a época. Estábamos no ano mil novecentos sesenta é cinco.
A “Maestresa”, era una señora valenciana, culta, e acolledora. Non sei por qué razón, a min colleume un certo cariño, ó que eu correspodia. O que levaba a pensión era o seu marido, que fora capitan do exército durante a República, degradado, sometido a consello de guerra, e non fusilado, solo por casualidade. Ambolos dou superaban os cincuenta anos, é á súa cultura engandian unha hospitalidade fóra do común. Constame que a algúns dos hospedados, non le cobraban. Na pensión residiamos de forma continua arredor de doce ou trece persoas.
Alí hospedabase un inspector de policia, da mesma idade mais ou menos dos patrons. Este home, co que falei en moitas ocasións pesia a diferencia de idade, era un antifranquista convencido e recalcitrante, é mais, estaba en total desacordo co que facia a policia daquel momento, mais era un “poli” de vocación.
Naquela pensión, pasabamos todos, os domingos congregados arredor da TV. Despois de comer, sempre quedabamos ver algunha pelicula, e os programas daquela que non recordo moi ben de que ian, mais que entretiñan. Imaxinade unha mesa rodeada de sete ou oito individuos, casi todo novos, coa TV na cabeceira, é todos xogando, ou ben ó “julepe”, sete e media ou poker. Evidentemente cantidades pequenas, pois o asunto non daba para mais. Acabábase a partida, esmorecia a TV, e indefectiblemente metiamosle man a politica. O reximen imperante caseque non tiña defensores, mais, se entraba algunha persoa que non se coñecera, a conversa quedaba en suspense, pasando automáticamente a falarse de futbol. Neste eido, oasunto era mais peliagudo, pois os que non eran do Barça, eran do Español. As veces habia algún que defendia o Europa, equipo que tamén existía daquela, non sei hoxe.
Os domingos rematábamolos, nun guateque das cercanias, ou nalgunha sala de festas, tal como Piscinas e Deportes, donde, daquela, empezaban a cantar dous chavales que se facian chamar “O Duo Dinámico”.
Daquela, mais dunha vez, estiveron sentados na nosa mesa charlando, cousa que mais tarde, o ser famosos perdeuse.
Alí, en Piscinas e Deportes, había as cousa necesarias para pasalo ben, bailar, ligar, e se fose necesario, refrescarse dandose un chapuzón na piscina. As veces era necesário. Demasiado algunhas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario