domingo, 20 de diciembre de 2009

DE COMO SE PERDE UNHA AFICIÓN

Na miña estadía en Barcelona, collín unha afición, que daquela era bastante popular por alí. Algún sábado pola noite, íamos a ver veladas de loita libre, e algúnha vez ó boxeo, que normalmente era no mesmo sitio: na praza de touros.
A loita libre unha vez que a coñeces, é bastante divertida, pois os loitadores son uns verdadeiros atletas, cunha destreza insuperable no seu traballo. Chaves, golpes, saltos, caidas, etc., son froito de un grande entrenamento, pois caseque todo o que fan enriba da lona, e froito de unha preparación exaustiva, para non ter, entre eles, damasiadas lesións.
Sempre habia un, que nada mais subir o ring, xa se gañaba a atipatía do publico, e o outro, facia de bo. O primeiro facia mil falcatruadas e xogarretas pouco legais, e durante un pouco tempo traia o contrincante, medio apampanado, moitas veces a piques de tirar a toalla, mais, ¡oh, maxia!, de súpeto, é apoiado polo público, o bo collía o mando da pelexa, e con un par de chaves, correctísimas, gañaba o combate, entre o delirio do persoal.
A vestimenta destes loitadores tamén tiña a súa importancia, os malos vestian de maneira estrafalaria e chamativa, é os bos de forma correcta, é bastante elegante, incluso, recordo que habia un, bastante famoso, que sempre ia enmascarado, co corpo tapado desde os pes a cabeza. De estatura mais ben pequena, delgado, e unha figura bastante xeitosa, facía que se correra a voz, de si seria ou non unha muller.
Daquela, habia uns cuantos boxeadore tamén moi populares, e algúns bastante bos, pois eran campeons de Europa, e chegueron un par deles a pelexar polo campeonato do mundo.
Era o boxeo un deporte que me gustaba bastante, pois considerabao bastante deportivo é, digamos que honesto.
Unha noite fun a unha velada na que entre outros saltarian o ring, Urtain, tamén chamado o Morrosco de Cestona, que daquela sempre gañaba por K.O, no primeiro ou segundo asalto, Pedro Carraasco que era campeón de Europa., Sanjosé, tamen campeon de Europa, e dous ou tres combates mais de recheo.
Tanto Urtain como Carrasco gañeron os seus combates por K.O, nos primeiros asaltos. Eran pelexas de trámite sen titulo en xogo.
Sin embargo na pelexa de Sanjosé, éste puña en xogo o seu titulo de campeón de Europa.
O combate era con un representante africano, totalmente desconocido. Escomenzou o combate, e o pobre negro, xa no primeiro asalto caeo a lona dúas ou tres veces. Viase que , ou ben non era bo, o non estaba ben entrenado.
No segundo asalto, nada mais empezar, o africano, volveo a caer, e tardou e levantarse, dandole tempo o árbitro a contar dez, cousa que fixo que Sanjosé gañase o combate.
No público organizaouse un balbordo de mil pares de demos, pois todos dábamos berros de ¡tongo, tongo!, que nos devolvan os cartos. A pitada durou polo menos un cuarto de hora, co persoal bastante cabreado.
Acabaou a velada, volvimos todos os nosos nieiros, e a durmir cada quen o mellor que puido.
O día seguinte, cando lein a prensa, viña en primeira páxina, que a noite anterior, un boxeaor aspirante a titulo de Europa, que pelexera con Sanjosé, non se recuperara dun K.O sufrido, tiveron que levalo o hospital donde xa ingresou cadavre.
¡Xuro que xamais volvin pisar un lugar donde houbera boxeo!, é ¡mira que me gustaba aquel genio do boxeo, americano, chamado nos seus ultimos tempos Ben Alí!, Antes Casius Clay.

2 comentarios:

  1. Bufff... A min ese tipo de deportes nunca me gustaron. Pode ser que non os entenda, pero tampouco teño ganas, a verdade. Demasiada violencia para min.
    Bicos!!
    Por certo, xa se abriu a tempada de vieiras... Que comemos no Nadal?? (jeje)

    ResponderEliminar
  2. ¡¡VIEIIRAS! DO BALEL. É ALUNHA COUSIÑA MAIS.
    Bicos.

    ResponderEliminar