jueves, 17 de diciembre de 2009

BARCELONA, BONA,¡ SI LA BOLSA SONA!

Non sei se o saberedes, pero pasei dez anos da miña vida en Barcelona. Foron os primeiros anos de contacto co mundo laboral, É por decilo de mellor xeito, de contacto co mundo en xeral.
Coido que nese tempo, pasei por case todas as vicisitudes que unha persoa pode pasar. Algunhas, a maioria boas, e outras, mais das desexadas, houbera sido mellor non pasar por elas, pero, xa pasou.
Hoxe, Heitor suxeriume que contara algunha cousa da miña estadia na marabillosa ciudad catalana, da que nunca me cansarei de cantar a sú beleza, ainda que algunhas das vivencias non sexan boas, Barcelona non ten a culpa. Tal vez algúns dos seus moradores.
Cando estaba a punto de chegar a Ciudad Condal, unha vez que o tren xa antrera na provincia de Tarragona, eu ia ansioso por ver o mar. Era algo que nunca vira, e sobre o leido é escoitado sobre él, non eracapaz de definir ben dentro do meu caletre, a maneira de cómo estaria a auga e a cantidade da mesma. Eu solo conocia a auga dos rios, que sempre corre no mesmo senso, e aumenta e disminue según a climatoloxía. Pois, ¿Qué queredes que vos diga?, cando o vi por primeira vez, deixoume como se o houbera visto toda a vida. Parecia que a loxica decia que non podia ser de outra maneira.
Cheguei a Barcelona a vella estación de Francia. Aquela estación tampouco me causou impresión ningunha. Xa coñecia a de Zamora e a estación do Norte en Madrid
A primeira noite hospedeime nunha casa particular da zona norte da praza de Urquinaona, casa na que dormin tres noites mentras atopei pensión.
Atopei unha pensión, con un colega de choio, na casa dos pais de outra moza, do choio.
Naquel traballo pagabanme duas mil cincocentas pesetas o mes, e a pensión era de tres mil. ¡Empezábamos ben, nada mais empezar a traballar, xa tiña un deficit de cincocentas pesetas cada mes!
Con aquela maneira de meter cartos fora do peto, pronto acabria comprando un vale para a cadea se a cousa non melloraba.
Despous de mil quinientas pelas de deficit, veu o equilibrio, o empresario decidiu subir o sueldo, cando xa tiña outro traballo. Daquela xa habia equilibrio, xa podia empezar a pensar en mercar un tranvia, eso sí sin railes nin trole.
Empecei a coñecer Barcelona, pasaban os dias, e eu non saia do meu asombro con cada nova cousa que descubria.
O dia que, de casualidade, cain na praza de Cataluña, creo que estiven catro ou cinco horas dando voltas nela e o seu arredor. Aquel día descubrin por primeira vez na miña vida, a primeira maravilla gastronómica : O pan con tumaca amb pernil. Non o fan igual en ningún lugar fóra de Barcelona.
Traballaba na rua Paris, entre Aribau e Muntaner, e vivia pola zona de Guinardó. Ia e viña todolos dias andando, algo mais de unha hora en cada percorrido, que nunca era polo mesmo sitio. ¡HABIA MOITO QUE COÑECER!

No hay comentarios:

Publicar un comentario