viernes, 6 de noviembre de 2009

NON SOMOS TAN INUTILES COMO NOS QUEREN FACER



Nunca vin un home tan abraiado como o amigo Silverio, diante de unha leira chea de mes e que despois deu unha boa carrada de palla, e, como consecuencia de centeo.
No tempo da sementeira, na terra de Val dos Marcos, un ano no que o noso amigo Silverio estaba de criado en casa do Xico e da Lisa, foi cando acaeceu o sucedido que suscitou o seu asombro.
Cuando chegaban, o Xico e o Silverio, a leira que tiñan que sementar, o Xico tivo que ir a outro sitio. Entonces díxole o Silverio que sembrera él o centeo.
O Silverio, contestoule que él non sabia sembrar, pois non o fixera nunca, ó que le contestou o Xico que sabia arar, é que o de sembrar o grao solo era tiralo na terra, a ser posible esparexendoo por toda a leira.
Marchou e xefe, e o novo labrego colleo o saco da semente e escomenzou a esparexer o grao pola leira. Cuando acabou colocou o arado e a xunta de vacas en disposición de arar e fixoo.
Acabou, recolleu os trebllos e chamou a xunta de vacas para a aldea. Non volveu pola leira nun tempo.
Cuando chegou o tempo da seitura decidiron ir a segar.
Tocoulle o turno a leira sementada por o gran Silverio, e cuando chegueron a mesma, tiña unha boa cantidade de palla, que corroborou o Xico decindo que tal vez era a mellor colleita que esta dera.
Segueron-na, ateron-na, fixeron o medouco, e por fin acarrexeron-na para a aira, don de por fin a converteron e grao e palla.
Aquela tarde no café do Caxera, o Silverio todo fachendoso contounos a aventura da súa sementeira e con unha cara de enorme satisfación díxonos:
¡.ALLO PATA, NASEU! NASEU E DOU PAN, IA SEMBREIA EU!.
Estaba francamente abraiado do resultado da súa sembradela.
¡Cuanta xente hai mal aporveitada!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario