martes, 10 de noviembre de 2009

CUANDO O HUMOR É O MAIS IMPORTANTE

De sempre, os cazadores temos fama de aldrabois é esaxerados.
Coido que é unha fama bastante ben merecida, pous a todos nos gusta facer ver que somos os mellores, que temos os mellores cans, as mellores espingardas e a mellor puntería.
Eu coñecin a un cazador, que tiña unha escopeta que facía que os chumbos le aticeran a un gazapo cando xa estaba detrás de unha fraga. E decir, que aqueles cañóns facian que a munición fixera un rouso, ainda que o lepórido virera pra tras dunha pedra.
Non sei, queridos e desocupados lectores, (Supoño que parte do mundo e do estranxeiro, estará pendente das miñas verbas) se sabedes o que é un “bigote” en térmos cinexéticos. Tentarei definilo:
Cando un cazador le estruma chumbo quente a unha peza de caza e non le atina, e a renglón seguido, outro cazador le dispara a mesma peza e a mata, dise que éste último le puxo un “bigote” o primeiro.
O asunto non tería importancia, se non fora polo cachondeo e bulra do que acertou, e dos demais cazadores presentes, é mais os que logo no café o escoiten.
Nunha ocasión, alá en Val dos Marcos, nunha cazata daquelas que agora serian imposibles, ian de caza varios cazadores. Creo que entre eles estaban o Céfiro, o Manolo e os dous principales actores: O Alipio e o Luis Alvarez de Eulate, mais coñecido como o Luis da Nélida.
Estaban arredor de unha matagueira de uces, donde os cans facian esforzos por botar fora un coello.
Chegou un momento que o lepórido, acosado polos podencos, botouse fora, xusto por donde estaban o Alipio que le zorregou dous tiros e marrou os dous, a continuación foi o cazador que tiña o lado e matouno do primeiro disparo. Non recordo ben quen foi o segundo, e para non ser inxusto con ninguén non o nombro, cando vexa o Céfiro preguntareille.
O recochineo do resto foi de “ordago” a grande. O Alipio puxeranle un “bigote”.
Seguiu a cazata, comeron a merenda, beberon os tragos reglamentários daquel viño feito con uvas de Vilares e das parreiras darredor das casas, e cazando tan contentos, xa en dirección a casa.
Cando chegueron a un pequeno descampado, arrancoulle unha lebre a un dos cazadores, que, pondo a escopeta a cara mandoulle dous tiros, e a rabona marchou toda contenta, a criar.
E costume dos cazadores, sobre todo do que falla o tiro, o de ir a mirar no lugar donde le tirou ó bicho para ver se saca algo en limpo que disculpe o fallo.
O cazador que disparou, mirou na zona, e berrando, para que ninguén dubidera, dixo:
¡ deixou pelos!
¡Si!, contestou o Luis, son os pelos do bigote do Alipio.
O esmendrelle foi fenomenal.

2 comentarios: