viernes, 18 de septiembre de 2009

REFLESIONS DUN LOUXEIRO



Estaba alí sentado. Debaixo daquel castañeiro milenario. Estaba acougadiño nas raíces que o tempo fora sancando da terra. Tiña a cabeza entre as mans, de tal xeito que parecia como que a suxetaban.
Nos castañeiros empezaban a pingar as castañas. Os ourizos xa tiñan a cor da madurez, e nalgúns as castañas, mesmo parecía que alguén les dera lustro como a os zapatos no día da festa.
Tiña entre aquelas mans sarmentosas unha navalliña coa que escabacaba de xeito mecánico, nunha astela que sacara dun racho.
Na cara as enrugas decían ás claras os suores dunha vida chea de traballos duros, mais nos ollos víase a satisfacción do conseguido; arrebuñarle o Ladeairo algo do lombo, do que sacaba para o sustento seu e dos seus. Sempres con moito esforzo, mais sempre chegando dunha colleita a outra, nas que sempre esperaba mellorar o pasado.
Recordaba cando, anos atrás, despois de ser vasallo dos feudais da zona, conseguira mercar as terras nas que traballaba. Aqueles que a poseian era pola graza de Deus, según decían, ainda que él pensaba que era pola forza das armas e dos amigos de roubar o pobo.
Recordaba os traballos é os sufrimentos na consecución de levantar as casas, sacar auga do rio para regar os pastos roubados ó monte, facer os camiños para que os carros transiteran polos mesmos, arrancar as pedras para que os canteiros fixeran a Igrexa da que despois se apropiarian os purpurados,que despois vendian esquecendose de que non tiñan títulos de propiedade. Ëstes dalle o mesmo, coido que venderon ó seu mestre por trinta moedas de prata.
As bágoas escorregábanlle polas meixelas, por aqueles sucos, que o souor, o traballo e o tempo cincelaran na súa faciana.
Tamén recordaba, como os seu fillos puideran vivir unha vida menos dura, grazas os seús esforzos, grazas o seu sentidiño, é sobre todo a aquelas mulleres que calidiña e silandeiramente le axuderan en todo, le deran azos nos momentos duros. Naqueles momentos en que estivera tentado de deixar todo e liscar dalí.
Na cara daquel home estaban reflectidas as caras de todolos homes e mulleres, que fixeran, no transcurso do tempo, posible que Val dos Marcos fora como era, e que ainda existira, coas novas e modestas vías de comunicación, coa auga nas casas, coa luz eléctrica e non sei cantos trebellos mais.
Solo tiña unha dor, era a de que todo aquelo se perdera, a solidadariedade entre as xentes, e a maneira de axudarse uns a outros, ainda que de cando en vez andiveran a liortas que sempre acababan aparacando a renxeira de uns contra os outros e volvendo as cousas o seu sitio.
Aquela cara era o acúmulo das caras de tódolos homes é mulleres que foran. Non sabía dos que serian, mais por que él o desexera no ia ser que non.
Desde donde estaba albiscaba os dous cemiterios. Alí estaba él e todolos demais.
Decidiu que xa era hora de voltar cos compañeiros de fafigas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario