viernes, 31 de julio de 2009

NON É O MESMO ARRIBA OU ABAIXO

Nestes días ando lendo un libriño editado en Edicions Xerais de Galicia alá polo ano oitenta e tantos, cando eu formaba parte desta editorial.
O libriño en cuestión ten o tíduo de Homes Tras da Corda, do escritor Carlos Reigosa.
Cando falo de libriño, quero decir que é pequeno, e leese caseque dun tirón. Son varias histórias que el pon na súa terra tras dos lombeiros que algúns chaman O Cordal, ainda que él chamalle A Corda.
É unha pena que Reigosa non puxera as súas histórias en Val dos Marcos, pois a medida que ia lendo unha delas cada vez me acordaba mais da nosa terra, e dunha bonita leria que le escoitei a alguén. Agora non recordo quen era o que a contaba.
A narración de Reigosa conta aqueles dimes e diretes das aldeas de mediados do século pasado, donde radio macuto estaba a orden do día.
Un home daqueles detras da corda non se cansaba de negar que o fillo que iba a ter unha muller que estaba preñada, non podia ser del, pois según decia as mulleres non estaban preñadas dezaoito meses.
O run-run correu pola aldea, e un día chegou as orellas da súa muller, que o esperaba en xarras no alto da escaleira con cara de poucos amigos e mas intencións.
Cuando lle dixo que porqué le fixera un fillo a aquela muller, el volveu rir e decir que aquelo era imposible.-Mira,-dixolle a muller- ti sabes que todos os teus fillos saen identicos a ti e con toda a túa impronta, fuciño, naris, orellas.. xa sabes que te clavan. No teñas medo muller-respostou él- todo o que se dí é imposible.
Foi neste tranco donde eu me acordei da hitória que agora os conto.
Nun pobo daqueles arraianos portuguese, tamén tras dunha serra como a da Aligueira, unha nai sempre aconsellaba a súa filla que tivera coidado cos homes, pois despois de porse enriba das mulleres deixaban-nas preñadas e logo olvidaban-na e si te vin non me acordo.
Mira filla-decialle- nunca te poñas debaixo dun home, pois deixante preñada e logo tes que ti arreglarte sola coa “criança”.
A rapaza matinaba sempre na recomendación da mai, e intentaba levar a cabo e facerlle caso ó que decia.
Botouse un “namoro”, e pasado un certo tempo de namoramento, cando xa era público o romance, un día chegou toda fachendosa a casa, e coas meixellas moi sonrosadas dandolle un bica a nai díxolle:
¡Mamá, hoxe deixei o meu namoro preñado, pois punxeme eu enriba del!
O conto de Reigosa ten outro fin; Cando a muller pariu, efectivamente, a criatura era clavadiña o home que decian que era o pai. Este era un home crente e dixo que si Deus o dispuxera así, que él aceptaba a vontade Divina.
Cando morreu, deixou testado que a aquel fillo correspondiale uns cantos miles de reás, cousa que no lle gustou demasiado o seu fillo único, que non se atreveu a descubrir a súa paternidade, no caso aposto o pai.

No hay comentarios:

Publicar un comentario