lunes, 27 de julio de 2009

ERE NO MUNDO DO PIÑEIRO

Foi na época na que se apoderera de min un imsomnio que non me deixaba pechar ollo.
Naquela noite estival, habia una lúa desas grandes coma rodas de carro, o que facia que co calor daqueles días, me entreran ganas de darme un paseo polos montes.
Pertrechado con unha cámara de fotografiar, unha boa linterna, e unha caxata de rebolo restre, marchei sen rumbo definido polo camiño da Mallada. Continuei pola beira do Tuela, e quero non quero, cando me dei conta estaba en Cancelada.
Acerqueime a casa que durante un tempo fora o fogar do Modesto, coñecido como o de Cancelada. A casa está asentada xusto ó lado do que fora un asentamento Templario, e moi cerca dun castro habitado uns cinco mil anos atrás.
Decidin subir ós restos do castro, a sentarme e intentar sacar algunha fotografía, dun pequeno petroglifo que alí hai. Todos sabedes que este tipo de manifestacións rupestres, distinguense mellor de noite, con luz de linterna que incida de forma oblícua sobre o grabado fai que se observen mellor todo-los detalles do mesmo.
Cuando estaba preparando todo, cámara, linterna e trípode, de sútaque apareceu o meu carón unha pantasma con todas as da lei.
Era unha especie de saba blanca, que tiña unha capucha donde se supuña que estaba unha cabeza. O raro era que aquela cousa prácticamente levitaba, non tiña pés, e debaixo da carapucha so se vian uns ollos tristiños e un pouco nostálxicos.
A pantasma era moi educada, pois nada mais acercarse, deume as boas noites e desexoume paz e saúde, e sen esperar a máis deixouse arrebuxar enriba dun dos petroglifos, parecia que apoiaba a caluga nas mans, se non fora porque nin tiña mans nin se vian mais que os ollos.
Pregunteille que le pasaba, pois tiña entendido que as pantasmas disfrutaban asustando e arrepiando a xente, e polo visto nin o tentou conmigo.
¡Aiii, amigo, ahí está o problema!. ¡Despois de mais de catro mil anos por estes montes arrepiando as xentes de todo o Val do Tuela, hasta case Peso da Regúa, agora teño que buscar novos horizontes!. Aiqui xa non pinto nada.
Deume unha enorme pena a maneira como o decia, e fixen ademán de acercarme a él co ánimo de darlle algo de azos, mais retirouse e dixome que non podia acercarme mais a él, pois ainda que o vira así so era un desgracido espiritu, que inda tiña condena para mil anos mais, asutando xentes crédulas e sinxelas.
Agora, continuou a pantasma, xa non se asusta naide, e maís, as veces son eles os que casi nos asustan a nos, coa cantidade de tonterías que vive a xente hoxe en día.
O maior problema que teño, é, que non sei donde ir. Xa naide cree en nada, non creen nos santos, nin nas virxes, ¿Como van a creer en nos?.
Xa non causa efecto, ni o ruido de cadeas arrastradas , nin ósos chirriando uns contra outros, e os alaridos lúgubres, imítanno mellor moitos dos cantantes actuais polo que os nosos xa naide lle fai caso.
Creo que tentarei inventar algo relacionado co negocio bancario, pois ainda que así de repente non asuste moito, pasado un pouco de tempo a moita xente danlle soponcios terribles. Veise que inda non se aficeron ós sustos que les dan estas pantasmas modernas. Nos polo menos non tocamos a naide e só os asustamos.
A pantasma marchou cara a Caleira voando por enriba do Tuela, e eu xa entre o alborar, volvin para Val dos Marcos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario